Saltar ao contido

Abdul Hamid II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAbdul Hamid II

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1842 Editar o valor en Wikidata
Istanbul Editar o valor en Wikidata
Morte10 de febreiro de 1918 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Palácio de Beylerbeyi Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSultan II. Mahmud Türbesi Editar o valor en Wikidata
34º Sultán do Imperio Otomán
31 de agosto de 1876 – 27 de abril de 1909
 Murat VMehmed V  Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIslam e sunnismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Istanbul Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Membro de
Outro
TítuloSultán Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastia Otomana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMediha Nazikeda Kadın
Sazkar Hanım
Müşfika Kadın
Peyveste Hanım
Fatma Pesend Hanım
Behice Hanım
Emsalinur Kadın
Azize Dilpesend Kadın
Nurefsun Kadın
Mezidemestan Kadın
Bedrifelek Kadın
Bidar Kadınefendi
Saliha Naciye Kadın Editar o valor en Wikidata
FillosUlviye Sultan
 () Mediha Nazikeda Kadın
Mehmed Selim Efendi
 () Bedrifelek Kadın
Zekiye Sultan
 () Bedrifelek Kadın
Naime Sultan
 () Bidar Kadınefendi
Mehmed Abdülkadir Efendi
 () Bidar Kadınefendi
Şehzade Ahmed Nuri
 ()
Naile Sultan
 () Azize Dilpesend Kadın
Şehzade Mehmed Burhaneddin
 () Mezidemestan Kadın
Hamide Ayşe Sultan
 () Müşfika Kadın
Şadiye Sultan
 () Emsalinur Kadın
Refia Sultan
 () Sazkar Hanım
Şehzade Abdurrahim Hayri
 () Peyveste Hanım
Hatice Sultan
 () Fatma Pesend Hanım
Şehzade Ahmed Nureddin
 () Behice Hanım
Şehzade Mehmed Abid
 () Saliha Naciye Kadın Editar o valor en Wikidata
PaisAbdülmecit Editar o valor en Wikidata  e Tirimüjgan Editar o valor en Wikidata
IrmánsMurat V
Mehmed V
Şehzade Mehmed Burhaneddin
Şehzade Ahmed Nureddin
Şehzade Selim Süleyman
Vahdettin
Ahmed Kemaleddin Editar o valor en Wikidata
ParentesRahime Perestu, mãe adotiva Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno dicionario enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Абдул-Хамид II) Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 74510 WikiTree: Osmanlı-5

Abdul Hamid II (en turco otomán: عبد الحميد ثانی, `Abdü’l-Ḥamīd-i sânî; en turco: İkinci Abdülhamit), nado en Istanbul o 21 de setembro de 1842 e finado na mesma cidade o 10 de febreiro de 1918, foi o 34.º sultán do Imperio Otomán e o último que exerceu control efectivo sobre o estado en descomposición.[1] Dirixiu o imperio durante o período de decadencia, con rebelións particularmente nos Balcáns, e tivo unha guerra sen éxito contra o Imperio Ruso, seguida doutra guerra vitoriosa contra o reino de Grecia en 1897. Hamid II gobernou dende o 31 de agosto de 1876 ata que foi deposto pouco despois da revolución dos Mozos Turcos o 27 de abril de 1909. Por un acordo cos republicanos Mozos Otománs, promulgou a primeira constitución otomá o 23 de decembro de 1876,[2] que foi un sinal de pensamento progresista que marcou o principio do seu goberno. Con todo, máis adiante, notou a influencia occidental nos asuntos otománs e citando desacordos co parlamento[2] suspendeu tanto a constitución como o parlamento en 1878 e obtivo un maior poder e control efectivo.

A modernización do Imperio Otomán tivo lugar durante o seu reinado, e incluíu a reforma da burocracia e a extensión da rede de ferrocarrís. Ademais desta modernización, estableceuse un sistema para rexistrar a poboación e o control da prensa, ademais da primeira lei de educación moderna en 1898. Na educación foi onde máis alcance tiveron estas modernizacións, establecéndose moitas escolas profesionais (dereito, artes, comercio, enxeñaría, veterinaria, aduanas, granxa, lingüística...). A universidade de Istanbul, a pesar de ser pechada por Hamid II en 1881, reabriu en 1900, e estenduse a rede de escolas secundarias, primarias e militares. Desenvolvéronse os sistemas de trens e telégrafos, principalmente por empresas alemás.[2] Durante o seu reinado, o imperio caeu na bancarrota, levando ao establecemento da Administración Otomá da Débeda Pública en 1881.

No estranxeiro, Abdul Hamid II foi alcumando o "Sultán Vermello" ou "Abdul o Maldito", debido aos masacres de armenios e asirios durante a súa etapa e ao uso da policía secreta para silenciar os disidentes e republicanos.[3][4] Estas iniciativas provocaron un intento de asasinato en 1905 por revolucionarios armenios.[5]

  1. Overy, Richard páx. 252, 253 (2010)
  2. 1 2 3 "Abdulhamid II | biography – Ottoman sultan". Consultado o 2015-09-29.
  3. "Sultan beaten, capital falls, 6,000 are slain". The New York Times. 25 de abril de 1909.
  4. Hamamdjian, Vahan (2004). Vahan's Triumph: Autobiography of an Adolescent Survivor of the Armenian Genocide. iUniverse. p. 11. ISBN 978-0-595-29381-0.
  5. Panossian, Razmik (13 de agosto de 2013). The Armenians: From Kings and Priests to Merchants and Commissars. Columbia University Press. p. 165. ISBN 978-0-231-13926-7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]