Anhanguera é un xénero de pterosaurio pterodactiloide do Aptiano no Cretáceo Inferior, con achados naformación Santana na planicie de Araripe, noBrasil.
En 1986, Rafael Gioia Martins-Neto nunha conferencia durante a 38° Reunião Anual da Sociedade Brasileira para o Progresso da Ciência en São Paulo, informou do descubrimento dun pterosaurio, ao que denominou Pricesaurus megalodon. Os resumos do congreso publicáronse máis tarde, dentro dese ano, na revista Ciência e Cultura. O nome do xénero significa "lagarto de Llewellyn Ivor Price". O nome da especie deriva do grego μέγας, megas, "grande", e ὀδών, odon, "dente".[1]
A especie baséase en dous sintipos, que Martins-Neto considerou que procedían dun único individuo, adquiridos de maneira separada procedentes de traficantes de fósiles en dous nódulos: o primeiro é o espécime CPCA 3592, unha punta de nove centímetros dun fociño, e o outro é o espécime CPCA 3591, unha parte media do cranio de dezaoito centímetros de longo. Por tanto Pricesaurus coñécese exclusivamente a partir de material cranial. Ambos os dous especímes probablemente descubríronse no Miembro Romualdo da Conca do Araripe e forman parte da colección do Centro de Pescudas Paleontolóxicas da Chapada do Araripe.[1]
Martins-Neto proveu unha diagnose con catro trazos distintivos: a anchura do premaxilar; os dentes situados moi cercanamente; os profundos alvéolos dentais do premaxilar; e o redondeado da fronte da fenestranasoantorbitalis. Con todo, en 1988 Alexander Kellner concluíu que Pricesaurus era un nomen vanum, principalmente porque os especímes en cuestión case seguramente son de individuos diferentes. O fociño era, de acordo con Kellner, dun animal máis grande que aquel do que procedía o fragmento medio do cranio. Ademais a diagnose non contiña ningunha autapomorfia real.[2]
En 2012, publicouse un estudo realizado por Felipe Lima Pinheiro et.al.que representaba o primeiro estudo detallado dos especímes. Concluíuse que os fósiles certamente non proveñen dun único individuo, mesmo aínda que os seus tamaños non son necesariamente incompatibles. O fociño mostraba que o quinto e o sexto par de dentes son menores que o cuarto e o sétimo, o cal fai ao espécime indistinguible de Anhanguera blittersdorffi e Anhanguera piscator, os cales mostran o mesmo patrón dental. Ambos os dous especímes denomináronseAnhanguera sp. Pinheiro e.a. consideraron que Pricesaurus é un nomen nudum, debido a que este non posuía trazos diagnósticos e por ser nomeado nun resumo dunha conferencia.[3]
↑Felipe Lima Pinheiro, Cesar Leandro Schultz, Rafael Gioia Martins-Neto† & José Artur Ferreira Gomes de Andrade, 2012, "What is “Pricesaurus megalodon”?