É un atol ovalado de 3km de longo e 2,4km de ancho, cunha superficie emerxida de 1,8km², máis 2,7km² de arrecifes e 1,6km² da lagoa interior. Datos[1] do Institut de recherche pour lle développementArquivado 15 de agosto de 2000 en Wayback Machine. É o atol máis pequeno da Polinesia Francesa. Está situado a 20km ao suroeste de Hitier. A lagoa interior dispón dun paso navegable.
Foi descuberto, o 1768, por Louis Antoine de Bougainville. En 1820 Bellingshausen chamouno Raevsky, nome que se estendeu ao grupo de tres atois moi próximos. Maurac chamouno Eliza, e Wilkes, Tipotu ou Bacon Island.
Unha lenda conta que o ouro roubado nunha igrexa do Perú enterrouse neste atol.