Saltar ao contido

Oligofrenia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Atraso mental»)
Oligofrenia
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
 Instancia de
 Subclase de
Características
Fontes e ligazóns
Freebase/m/09fz4 Editar o valor en Wikidata
MeSHD008607 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC84392 Editar o valor en Wikidata
CIAP-2P85 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB4509 Editar o valor en Wikidata
CIE-11605267007 Editar o valor en Wikidata
CIE-10F79 Editar o valor en Wikidata
CIE-9317 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus001523 Editar o valor en Wikidata
eMedicine289117 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC551499885, C3019965780, C2993597288 e C3019745381 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O atraso mental, debilidade mental ou oligofrenia,[1] consiste nun nivel xeral de desenvolvemento intelectual notabelmente inferior á media da poboación, o que implica deficiencias na conduta adaptativa.[2] Trátase dun trastorno permanente que altera a personalidade globalmente desde moi curta idade.[3]

Tipoloxías

[editar | editar a fonte]

Establécense en función do grao de adaptación e rendemento afectivo, social e laboral.[4]

Oligrofenia profunda

[editar | editar a fonte]

Incapacidade para a aprendizaxe, ausencia de xuízo e razoamento, falta de recoñecemento dos obxectos e da maior parte das persoas. O individuo non ten consciencia da súa existencia, das persoas que o rodean nin das súas necesidades.[5]

Afectivamente só mostra risos e prantos motivados; non sorrí nin dá mostras de cariño. Sobresáltase por estímulos externos. Vive completamente illado e rexeita os cambios.

Carece de capacidade lingüística ou está moi reducida. Non anda ou faino con dificultade. Hai que lle dar de comer, ten unha vida puramente vexetativa e con actividades monótonas: unha vida oroalimentaria.

Estes casos adoitan ir acompañados de malformacións.

Oligofrenia menos profunda

[editar | editar a fonte]

Ten unha capacidade limitada para a aprendizaxe. O pensamento é restrinxido. É lento á hora de dar respostas específicas e coñecer as persoas e cousas que o rodean. Ten dificultades para se orientar no espazo e no tempo.

É algo máis consciente da súa existencia. Mostra unha afectividade superficial. É egocéntrico e cambiante nos afectos; móstrase eufórico ocasionalmente.

Os movementos son lentos e pouco coordinados. O vocabulario é reducido e rudimentario.

Oligofrenia leve

[editar | editar a fonte]

Ten capacidade para a aprendizaxe mais é lento para coñecer as cousas e distinguir as persoas. Ten un xuízo pobre e dificultades de lectoescritura e cálculo. Fállanlle a memoria, a atención e a compresión. Apenas utiliza os conceptos aprendidos e carece de creatividade para progresar a partir do xa aprendido.

É consciente do seu atraso e ten conciencia da súa persoa e das persoas máis próximas. Mostra unha afectividade superficial e "pegañenta", con tendencia ao egocentrismo. Interésase polas cousas que pode conseguir de forma inmediata. Pode realizar traballos simples.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para oligofrenia.
  2. "Discapacidades Intelectuales". Center for Parent Information and Resources (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2025.
  3. "Discapacidad intelectual". Plena Inclusión (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2025.
  4. Castillero Mimenza, Oscar (10 de xaneiro de 2017). "Tipos de discapacidad intelectual (y características)". Psicología y Mente (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2025.
  5. "Retardo Mental ou Deficiência Intelectual". Ânima Consultório de Psiquiatria (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2022. Consultado o 11 de xullo de 2025.