Saltar ao contido

Bié

Bié
Imaxe
 Instancia de
Características
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: Governador do Bié (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Capital
Cuíto (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Contén división administrativa
Andulo (pt) Traducir
Cuemba (pt) Traducir
Cuíto (pt) Traducir
Cunhinga (pt) Traducir
Chitembo (pt) Traducir
Catabola (pt) Traducir
Chinguar (pt) Traducir
Camacupa (pt) Traducir
Nharea (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.455.255 (2014) censo
2.264.874 (2024) censo Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   70.314 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap1802541 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/029qbf Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Bié é unha das 18 provincias de Angola. Ten unha superficie de 70.314 km² e unha estimación de 1 350 000 habitantes (2006). A súa capital é Kuito.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A provincia atópase no centro de Angola e limita polo norte coa provincia de Malanje, polo nordeste coa provincia de Lunda Sul, polo leste coa de Moxico, polo sur coa de Cuando Cubango e polo oeste coas provincias de Huíla, Huambo e Cuanza Sul.

O seu clima fresco e con abundantes choivas, que fan posible o cultivo de millo, cana de azucre, arroz, café e cacahuete.

A meseta de Bié, na que se sitúa a provincia, está conectada por ferrocarril co océano Atlántico.

Morfoloxicamente, o territorio caracterízase polo ser un altiplano cunha altitude máxima de 1852 msnm. A terra é da máis fértil de Angola e ten polo leste e polo norte o río Cuanza, que nace nesta provincia, que ao discorrer para o norte marca parte da fronteira con Malanje. Polo suroeste discorre o río Cuchi, un afluente do río Cubango.

As principais poboacións da provincia son: Kuito (114.791 hab.), Camacupa (19.347 hab.), Catabola (19.281 hab.), Catumbela (17.369 hab.) e Chisamba (7755 hab.).

Demografía

[editar | editar a fonte]

A poboación da provincia en 1992 estimábase de 1 119 000 habitantes. De acordo coas estatísticas do goberno estadounidense de 1988, a poboación da provincia era de 1 044 000.[1] Estímase que 201.600 persoas desta provincia vivían en zonas urbanas e que 843.400 en zonas rurais.[2]

A provincia contaba con 1 125 000 de habitantes en 1991, estimándose no 2006 de 1 794 387 persoas.[3]

Nesta provincia, a lingua nacional que predomina é o umbundo.[4]

Municipios

[editar | editar a fonte]
Pícaros nunha escola de Kuito.

Os municipios desta provincia son:

As comunas desta provincia son:[5]

  • Munhango
  • Caivera
  • Sachinemuna
  • Andulo
  • Belo Horizonte
  • Cambândua
  • Chicala
  • Chinguar
  • Chipeta
  • Chitembo
  • Chiuca
  • Chivaúlo
  • Dando
  • Gamba
  • Kachingues
  • Kaiei
  • Kalucinga
  • Camacupa (Kamakupa)
  • Kangote
  • Kassumbe
  • Catabola (Katabola)
  • Kuemba
  • Kuito
  • Cunhinga (Kunhinga)
  • Kunje
  • Kutato
  • Kwanza
  • Luando
  • Lúbia
  • Malengue
  • Mumbué
  • Mutumbo
  • Nharea
  • Ringoma
  • Sande
  • Soma Kwanza
  • Sto António da Muinha
  • Trumba
  • Umpulo
  1. ↑ Estatísticas do goberno estadounidense de 1988
  2. ↑ "Distribuição da Superfície e da População Estimada por Município" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de maio de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.
  3. ↑ Instituto Nacional de Estatística, Angola. Instituto Nacional de Segurança Social, Angola. Arquivado 30 de setembro de 2016 en Wayback Machine.
  4. ↑ "Info Angola, idiomas". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.
  5. ↑ "Info-Angola Quadro da Administração Angolana". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.