Saltar ao contido

Budva

Budva
 Nome oficial
    Budva (cnr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Membro de
Localización
 Situado en
 Continente
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
687 (1948) censo
812 (1953) censo
1.349 (1961) censo
2.550 (1971) censo
4.684 (1981) censo
7.178 (1991) censo
10.918 (2003) censo
13.338 (2011) censo Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   122 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   3 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal85310 Editar o valor en Wikidata
VIAF129648426 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02pgw9 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Budva é unha cidade da costa de Montenegro, con cerca de 10.918 habitantes. É a capital do concello homónimo.

Budva está situada á beira do mar Adriático, nunha zona de gran densidade turística, coñecida como a "Riviera de Budva" (Budvanska rivijera). É famosa polas súas praias areosas, clima agradábel e viva vida nocturna. Ao tempo é unha localidade con rico patrimonio histórico.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Budva. En primeiro plano a Cidade Vella; ao fondo a baía.

A cidade está sita no sur da costa montenegrina, colocada nunha pequena península na parte setentrional dunha pequena baía (Baía de Budva), que cerra enfronte a localidade de Sveti Stefan. Na mesma baía érguese a illa de San Nicolao (Sveri Nikola), dita popularmente Havaj (Hawai), que é a maior das costas de Montenegro. Ao contar con dúas excelentes praias de area, Mogren e Becici, o que non adoita ser corrente nas costas adriáticas, impulsaron a demanda turística de Budva, que ademais está sita a curta distancia de importantes localidades históricas, aínda que non sempre as estradas son as axeitada. Budva dista 26 km de Kotor, outro importante centro turístico, uns 30 km de Cetinje, a antiga capital de Montenegro, e 123 de Dubrovnik (Croacia). O lago de Skutari, o maior dos Balcáns está a uns 38 km, como tamén a fronteira con Albania.

Patrimonio monumental

[editar | editar a fonte]

As vellas rúas da Cidade Vella mostran o influxo da arquitectura veneciana nos seus elementos construtivos e ornamentais. Entre os monumentos máis salientes cómpre sinalar:

  • Catedral de San Xoán (Sveti Ivan krstiteli), católica, que remonta ao século VII.
  • Santa María da Punta, católica, igrexa fundada no século VIII.
  • Igrexa da Santísima Trindade, ortodoxa, que data de 1804.
  • Cidadela veneciana.
  • A 5 km o antigo pazo real da antiga monarquía iugoslava.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]