CAMEO ía acoplado á segunda fase do foguete Delta co que se lanzou o Nimbus 7. A misión do satélite consistiu en liberar gases de cinco recipientes en diferentes momentos da súa órbita para observar o seu comportamento e interacción coa ionosfera e magnetosfera terrestres e estudar as auroras polares.[1][3]
O satélite levaba un recipiente con litio e os restantes catro con bario. A liberación do barios dos catro recipientes tivo lugar a unha altura de 965km sobre o polo norte entre as latitudes 76 e 84.[3]