Saltar ao contido

Col

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Col
 Nome taxon
    Brassica oleracea
 Nome curto
    B. oleracea (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Uso
 Categoría taxonómica
Características
 Rusticidade da planta
6 Editar o valor en Wikidata
 Conservación
Datos insuficientes
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeBrassicales
 FamiliaBrassicaceae
 TriboBrassiceae
 XéneroBrassica
 EspecieBrassica oleracea Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Brassica oleracea Editar o valor en Wikidata
Localización
Fontes e ligazóns
Freebase/m/04ylr2 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777943035 Editar o valor en Wikidata
ITIS23062 Editar o valor en Wikidata
OTT833642 Editar o valor en Wikidata
UICN170110 Editar o valor en Wikidata
CoLN82N Editar o valor en Wikidata
EOL583899 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0000571350 Editar o valor en Wikidata
 URL de xenoma secuenciado
Wikidata G:Commons C:Commons

Col, coella ou coia[1] son uns termos botánicos xerais que se refiren a distintas variedades cultivadas a partir da especie Brassica oleracea (col brava ou col de pena). Son plantas do xénero Brassica pertencentes á familia das brasicáceas. Teñen grande importancia na alimentación, e moita na gastronomía galega, xa que hortícolas coma o repolo, as verzas, o brócoli, as coles de Bruxelas ou a coliflor son variedades desta mesma especie.

A col tamén recibe nalgunhas zonas os nomes de coube e coubella.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

A col brava é nativa da costa do sur e do oeste de Europa. Ten o seu cultivo unha tolerancia boa aos solos con alto contido de sal e xeso mais posúe unha intolerancia a outros contornos que a fan competir con outras plantas en inferiores condicións. Por esta razón o seu hábitat se reduce a solos de calcaria en cantís.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A Brassica oleracea é unha planta bienal que forma unha especie de roseta de follas durante o primeiro ano de cultivo, as follas desta variedade son sempre carnosas e teñen proteínas capaces de lles facer almacenar auga e nutrientes. No seu segundo ano, os almacéns de nutrientes fan que se forme unha inflorescencia amarela dun ou dous metros de altura.

Cultivo e usos

[editar | editar a fonte]

Esta variedade foi cultivada durante centos de anos, e nun amplo abano de cultivos incluso repolo, verza, brócoli, coliflor e outras plantas recoñecíbeis dentro da mesma especie. Trátase dunha das plantas máis importantes para ser empregadas coma alimento humano. De acordo coa teoría do Triángulo da U, a B. oleracea está moi relacionada con outras cinco especies do xénero Brassica. Os grupos de cultivo de B. oleracea están agrupados en sete grupos de cultivo, dos cales o grupo da Acephala ten as variedades máis salvaxes ou bravas en aparencia:

Cómpre mencionar tamén o Brassicoraphanus ou Raphanobrassica, xénero híbrido entre o ravo e o repolo.

Algúns (en especial col de Bruxelas e brócoli) conteñen altos niveis de sinigrina que axudaría a previr o cancro de duodeno.

Diversos cultivos de Brassica oleracea, que inclúen a col de follas ou col verde, a col de Bruxelas, a col de Savoia e maila col verde chinesa.

Pragas e enfermidades

[editar | editar a fonte]

Etnografía

[editar | editar a fonte]
  • As coles de San Antoniño manteñen ao dono e ao veciño.
  • Coles e nabos, pra nunha son entrambos [5].
  • Dálle coles por San Xoán a quen queiras de fame matar.
  • Entre col e col, leituga.
  • Nabos e coles, comer de señores.
  • O que quer a col, quer as follas do seu arredor.
  • Regoldádevos, coles, que andan os nabos cocendo no pote [6].

Sinonimia

[editar | editar a fonte]
  • Brassica alba Boiss. nom. illeg.
  • Brassica alboglabra L.H.Bailey
  • Brassica arborea Steud.
  • Brassica bullata Pasq.
  • Brassica campestris subsp. sylvestris (L.) Janch.
  • Brassica capitala DC. ex H.Lév.
  • Brassica cauliflora Garsault nom. invalid.
  • Brassica caulorapa (DC.) Pasq.
  • Brassica cephala DC. ex H.Lév.
  • Brassica fimbriata Steud.
  • Brassica gemmifera H.Lév.
  • Brassica laciniata Steud.
  • Brassica maritima Tardent
  • Brassica millecapitata H.Lév.
  • Brassica muscovita Steud. nom. invalid.
  • Brassica odorata Schrank ex Steud. nom. invalid.
  • Brassica peregrina Steud. nom. invalid.
  • Brassica quercifolia DC. ex H.Lév.
  • Brassica rubra Steud.
  • Brassica sabauda (L.) Lizg.
  • Brassica sabellica Pers. nom. invalid.
  • Brassica suttoniana H.Lév.
  • Brassica sylvestris (L.) Mill.
  • Crucifera brassicaE.H.L.Krause
  • ?Rapa rotunda Mill. Unresolved
  • Raphanus brassica Crantz nom. illeg.

Ademais, todos os innumerábeis táxones infraespecíficos descritos son meros sinónimos da especie [7].

  1. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para col.
  2. ↑ Nome vulgar en galego en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988.
  3. ↑ Nome vulgar en galego en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988
  4. ↑ Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, 1991
  5. ↑ Para nunha (familia, comida, grupo, cousa) son ... É dicir son comida do mesmo tipo, son compatibles, casan ben. Pardo Bazán (Los pazos de Ulloa, 1886) utilizou esta expresión: " Las familias no podían ser mejores ni más para en una; las clases, iguales...". O refrán tamén corre en castelán: Coles y nabos para en una son entreambos.
  6. ↑ Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo
  7. ↑ Brassica en The Plant List

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]