Saltar ao contido

Coliseum de Xetafe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coliseum
Xetafe Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Coliseum (es) dende 2023
Coliseum Alfonso Pérez (es) dende 1998 ata 2023 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Tipo superficie
Deporte
 Deporte
Implicados
 Propietario/a
 Operador/a
 Ocupante
Datas
 Data de comezo
1998 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
1998 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
1998 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Capacidade
   16.500 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/07_p92 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Coliseum é un estadio de fútbol de titularidade municipal da cidade de Xetafe, na Comunidade de Madrid, situado no barrio de Xetafe Norte. Nel xoga os seus partidos como local o Getafe Club de Fútbol. Chamouse oficialmente ata o 4 de outubro de 2023 Coliseum Alfonso Pérez.[1]

Denominación

[editar | editar a fonte]

Ata o 4 de outubro de 2023 levou o nome do xogador de fútbol Alfonso Pérez.[1] Paradoxalmente Alfonso nunca chegou a militar no Getafe Club de Fútbol, nin chegou sequera a enfrontarse a este equipo, nin xogou nunca no seu estadio; pero é natural da cidade de Xetafe, sendo probablemente o xogador de fútbol máis famoso desta localidade. Ademais en 1998, cando se construíu o estadio, atopábase no punto álxido da súa carreira.

O estadio foi construído en 1998 e, tras varias ampliacións, ten unha capacidade de 18 000 persoas, cunha asistencia media aproximada de 10.000 persoas. As bancadas norte e leste aséntanse sobre uns pequenos outeiros naturais. Nas bancadas oeste instalouse un teito que cobre case a totalidade das mesmas co fin de evitar as inclemencias do tempo. No estadio disputáronse varios partidos amigables entre seleccións nacionais de fútbol.

O anterior campo do Xetafe chamábase Estadio de Las Margaritas e estaba situado preto de onde hoxe se sitúa a Residencia Universitaria Fernando de los Ríos, na Avenida de las Ciudades. Foi derrubado en 1996 e ata que se inaugurou o Coliseum o club xogou no chamado estadio de Juan de la Cierva, dentro do Polideportivo do mesmo nome, na Avenida de Juan de Borbón.

Notas

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]