Takaroa é unha comuna da subdivisión Tuamotu-Gambier da Polinesia Francesa, situada ao norte do arquipélago.
A comuna consta de dúas comunas asociadas formadas por dous atois, e dunha illa dependente. Histórica e xeográfica coñecense como illas do Rei Xurxo. Xunto coa comuna de Manihi comparten unha das sete áreas lingüísticas de Tuamotu chamada vahitu.