Saltar ao contido

Delta 5000

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Delta 5920»)
Delta 5000
 Nome orixinal
    Delta 5000 (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Freebase/m/05h33kr Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Delta 5000 foi o nome dunha serie de foguetes espaciais dos Estados Unidos en servizo ao final da década de 1980. A serie 5000 componse dun único modelo, o Delta 5920, segundo o sistema de numeración seguido pola familia de foguetes Delta.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

O Delta 5920 usaba nove foguetes aceleradores de propelente sólido Castor 4A, iguais ós do Delta 4925 e máis potentes que os aceleradores das versións anteriores de foguetes Delta. A primeira etapa usaba un motor RS-27, mentres que a segunda usaba un motor AJ10-118K alimentado con tetróxido de nitróxeno e Aerozine-50. Non usaba terceira etapa.[1][2][3]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]

Delta 5920

[editar | editar a fonte]
Voo[2][3] Data[2][3] Rampla de lanzamento[2][3] Carga[2][3] Resultado[2][3] Notas[2][3]
D-189 18 de novembro de 1989 Rampla SLC-2W da Base Vandenberg COBE Éxito Único voo dun Delta 5920.
  1. 1 2 Mark Wade (2011). "Delta 5000" (en inglés). Consultado o 23 de xuño de 2012.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Delta-5920" (en inglés). Consultado o 23 de xuño de 2012.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "Delta 5920-8" (en inglés). Consultado o 23 de xuño de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]