Saltar ao contido

Edificio Lloyd's

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edificio Lloyd's
Cidade de Londres Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Vista nocturna
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Estilo
 Situación patrimonial
monumento clasificado como grao I
Período: 19 de decembro de 2011 - Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Propietario/a
Ping An Insurance (en) Traducir (2013 - )
Dekabank Deutsche Girozentrale
Commerz Real (en) Traducir (2005 - 2013) Editar o valor en Wikidata
 Ocupante
 Enxeñeiro estrutural
Datas
 Fundación / creación
18 de novembro de 1986 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
18 de novembro de 1986 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Cifras e dimensións
 Custo
   75.000.000 £ Editar o valor en Wikidata
 Altura
   88 m Editar o valor en Wikidata
 Número de pisos
   14 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Rúa
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
VIAF169320666 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02g8cq Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Correo
Wikidata C:Commons

O Edificio Lloyd's de Londres é a sede do mercado de seguros Lloyd’s of London, está situado no número 1 de Lime street da City de Londres, nunha zona coñecida como Saint Mary Axe. Foi deseñado polo arquitecto británico Richard Rogers, gañador do premio Pritzker de arquitectura no 2007. Dende 2011 está incluído na lista de monumentos catalogados do Reino Unido, co máximo nivel (grao 1), sendo o edificio máis novo nesta categoría.[1]

O edificio foi deseñado por Richard Rogers e construído pola empresa Bovis entre os anos 1978 e 1986. Do mesmo modo que o Centro Pompidou de París (deseñado por Rogers e Renzo Piano), o Lloyd's foi un edificio innovador polo feito de proxectar os seus servizos, como escaleiras, elevadores, condutos de electricidade e sistema de subministración de auga no exterior, permitindo liberar o interior, creando un espazo totalmente diáfano. Os doce elevadores panorámicos de vidro foron os primeiros deste tipo instalados no Reino Unido.

  • Premio "Architecture at Work" do Financial Times, 1987
  • Premio Civic Trust, 1987
  • Premio da Concrete Society, 1987
  • Premio rexional do RIBA, 1988
  • Premio PA a innovación no deseño e a construción de edificios, 1988
  • 8º Premio internacional Eternit de arquitectura, mención especial, 1988
  1. ↑ "Rogers' Lloyd's becomes youngest Grade-I listed building". The Architect's Journal (en inglés). 19 de decembro de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]