Níxer é o maior estado da Nixeria, no occidente da República, creado o 3 de febreiro de 1976. A súa capital é a cidade de Minna. No 2005 tiña unha poboación estimada de 4082 558 habitantes, nunha área de 76 363km². Outras cidades relevantes son Bida, Kontagora, e Suleja. Formouse en 1976 cando daquelas o estado do Norte-Occidental se dividiu neste estado de Níxer e no estado de Sokoto.
O nome do estado débese ao río Níxer. Dous dos maiores saltos hidroeléctricos da Nixeria, a presa de Kainji e a de Shiroro, atópanse nesta zona; como tamén o Parque Nacional de Kainji, o maior parque nacional da Nixeria, onde se acha o Lago Kainji.
Como a maioría dos estados nixerianos, está gobernado por un gobernador e unha asemblea. Baixo a administración de Mu'azu Babangida Aliyu, o 13 de xaneiro de 2007, o estado adoptou a xaria.