Explorer 51
| Explorer 51 | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Explorer 51, tamén denominado AE-C (Atmospheric Explorer C), foi un satélite científico da NASA pertencente á seria Atmosphere Explorer lanzado o 16 de decembro de 1973 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral a bordo dun foguete Delta 1900.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de Explorer 51 foi estudar a termosfera, a transferencia de enerxía na mesma e os procesos que determinan o seu estado. Tamén estudou os procesos fotoquímicos asociados á absorción da radiación solar ultravioleta facendo medicións coordinadas dos reactivos e a enerxía solar incidente.[1][2]
O satélite tiña forma poliédrica cun diámetro duns 1,4 metros.[1][2] Foi inxectado nunha órbita inicial de 4263 km de apoxeo, 150 km de perixeo e 68,1 graos de inclinación orbital[3] que foi cambiada varias veces durante o primeiro ano de misión mediante o sistema de propulsión de a bordo para baixar o perixeo ata os 129 km. Máis tarde o perixeo foi aumentado de novo ata os 390 km e a órbita foi circularizada. A órbita volvía a elevarse cada vez que o arrastre atmosférico facía que o satélite baixara ata os 250 km de altura.[1][2]
Explorer 51 estabilizábase mediante xiro, co eixo de xiro perpendicular ó plano orbital. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares e os datos obtidos podían enviarse ou en tempo real ou ser gardados na grabadora de a bordo para ser transmitidos máis tarde.[1][2]
Explorer 51 reentrou na atmosfera o 12 de decembro de 1978.[1][2]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]O satélite levaba instrumentos para medi-la radiación solar ultravioleta, a temperatura, composición e densidade dos ións positivos, das partículas neutras e dos electróns, para medir as emisións do resplandor atmosférico, os espectros de enerxía dos fotoelectróns e dos fluxos de protóns e electróns con enerxías de ata 25 keV.
Resultados
[editar | editar a fonte]Os datos de Explorer 51 serviron, entre outras cousas, para obter a distribución angular de carga arredor do satélite e poder comparala cos datos de Explorer 31[4] e modelar as emisións do ión hidroxilo na atmosfera terrestre[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 NASA (4 de novembro de 2011). "AE-C" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2012.
- 1 2 3 4 5 6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: AE C, D, E" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2012.
- ↑ "Letter dated 16 May 1974 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (74-13517): 3. 23 de maio de 1974. Consultado o 12 de marzo de 2012.
- ↑ Samir, U.; Gordon, R.; Brace, L.; Theis, R. (1 de febreiro de 1979). "The near-wake structure of the Atmosphere Explorer C /AE-C/ satellite - A parametric investigation". Journal of Geophysical Research 84: 513–525. Consultado o 13 de marzo de 2012.
- ↑ Langhoff, S. R.; Jaffe, R. L.; Yee, J. H.; Dalgarno, A. (setembro de 1983). "The surface glow of the Atmosphere Explorer C and E satellites". Geophysical Research Letters 10: 896–899. Consultado o 13 de marzo de 2012.