Günter Blobel
Aparencia
Günter Blobel, nado en Niegosławice (Polonia) o 21 de maio de 1936 e finado en Nova York o 18 de febreiro de 2018, foi un bioquímico xermano-estadounidense. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina o 1999 polos seus traballos realizados na década de 1970, ao descubrir que as proteínas teñen sinais intrínsecos que gobernan o seu transporte e situación na célula.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Waltersdorf, Prusia (actual Polonia) e nacionalizouse estadounidense en 1987. En 1967 graduouse en oncoloxía, realizou toda a súa carreira na Universidade Rockefeller de Nova York, da que é profesor e en cuxo laboratorio de bioloxía celular (no Instituto Médico Howard Hughes) traballou.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |