Saltar ao contido

Gouren

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gouren
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Patrimonio cultural inamterial
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Freebase/m/05jj32 Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

O gouren ou loita bretoa (en bretón: Gouren breizhek) é un deporte individual practicado entre dous loitadores. Practícase na Bretaña, mais tamén en Cornualla, en Escocia e mesmo en Nova Orleáns, no sur dos Estados Unidos.[1].

Existe na Bretaña unha federación de gouren que depende da Federación Francesa de Loita.

A loita bretoa ou gouren, é unha loita de pé. Ademais, se un dos loitadores toca o chan con calquera outra parte do corpo que non sexa os pés, a loita detense, os loitadores érguense de novo e retoman a loita.

A vitoria, ou lamm, proclámase cando un loitador consegue derrubar o seu opoñente nas costas, co chan en contacto cos dous ombreiros.

  1. "Celtic Wrestling : Bringing Gouren to North America - Gouren USA" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2015. Consultado o 24 de decembro de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]