A lingua buriata[1] (en cirílico буряад хэлэн buryaad khelen) é unha variedade do mongólico falado polo pobo buriato que é clasificado como lingua ou dialecto do mongol. A maioría dos falantes de buriato viven en Rusia, na fronteira norte de Mongolia, onde é lingua oficial da República dos Buriatos. Segundo o censo ruso de 2002, 353.113 persoas, dunha poboación de 445.175, podía falar buriato (72.3%). Existen polo menos outros 100.000 buriatos vivindo en Mongolia e na China.[2] O buriato está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[3]