O sundanés (Basa Sunda/basa sʊnda/, en alfabeto sundanésᮘᮞ ᮞᮥᮔ᮪ᮓ, literalmente "lingua dos Sunda") é unha lingua falada por 39 millóns de persoas[1] do terzo oeste da illa de Xava, un 15% da poboación de Indonesia. Existe produción literaria en sundanés, aínda que reducida, 68 títulos en 2012[2] e 25 en 2015.[3]