Chapman morreu en 1982, deixando tras si unha delicada situación financeira co proxecto DeLorean, polo cal é probable que houbera debido responder ante a xustiza.
En 1986, a compañía foi adquirida por General Motors e revendida en 1993 ao grupo ACBN de Luxemburgo, que é unha compañía controlada polo empresario italiano Romano Artioli, propietario tamén de Bugatti Automobili SpA. En 1996, a maioría das accións de Lotus foron vendidas a Perusahaan Otomobil Nasional Bhd Proton, empresa automotriz do estado de Malaisia.
A compañía tamén actúa como consultora de enxeñería e realiza desenvolvementos, particularmente de suspensión para outros construtores.
A compañía animaba aos seus clientes a participar en competicións e ela mesma entrou na Fórmula 1 como equipo en 1958. O seu maior éxito obtívoo na tempada 1963 co seu modelo Lotus 25, pilotado por Jim Clark, cando gañou o seu primeiro campionato mundial. A morte de Clark a unha idade temperá nun tráxico accidente de Fórmula 2 competindo nun Lotus 48, en marzo de 1968 foi un serio revés para a marca e para a Fórmula 1. Era o piloto dominante co automóbil dominante. Ese ano o campionato foi ganado polo seu compañeiro de equipo Graham Hill.
Varios pilotos pereceron en vehículos Lotus, e considerase que a responsabilidade de aquilo estaba na política de Chapman de construír vehículos que só tiñan que durar ata chegar a meta, todo o demais era considerado superfluo.
Ata mediados dos anos 1980, Lotus foi un dos grandes equipos da Fórmula 1. Ayrton Senna pilotou para este equipo entre 1985 e 1987, gañando catro grandes premios e obtendo 16 pole positions. O último ano de participación de Lotus na Fórmula 1, 1994 os seus vehículos xa non eran competitivos. En total, Lotus gañou 79 grandes premios.