Co termo cambroeira ou cambrón[1] desígnanse as diversas especies de arbustos pertencentes ao xéneroLycium (da familiasolanaceae), de 1 a 3 m de altura, moi ramificados, espiñentos, con follas lanceoladas ou oblongas, flores axilares, tubulares, solitarias ou en grupos reducidos, con corola a xeito de campá de cor vermella ou violácea, estames soldados a esta, e froitos en baga indehiscente, que medran nas sebes e nos bordos dos camiños.[2] A polinización adoita ser entomófila ou mediante aves, grazas á presenza dun disco nectarífero intraestaminal.
Comprende 83 especies distribuídas en zonas subtropicais, xeralmente áridas e secas, por todo o globo. O froito dalgunhas especies emprégase na medicina tradicional chinesa coma menciña para os problemas de circulación sanguínea, recibindo o nome de gouqizi (枸杞子). En Galiza son raros.
↑Nome vulgar galego do xénero en varias fontes: Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
↑Definición no Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
Hitchcock, Charles Leo. "A Monographic Study of the Genus Lycium of the Western Hemisphere." Annals of the Missouri Botanical Garden, v. 19, no. 2/3 (abril 1932), pp.179–348, 350-366.