Saltar ao contido

Madame Germen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Madame Germen
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
Localización
 Lugar de formación
Wikidata

Madame Germen foi unha banda coruñesa de crust, con letras escritas en galego reintegrado cun contido fortemente comprometido. A súa actividade desenvolveuse durante os primeiros anos do século XXI e atinxiu varios concertos polo país, especialmente nas coñecidas como Ruínas (nave industrial abandonada nas aforas da Coruña, onde se celebraban habitualmente concertos), así como unha xira europea. O seu estilo estaba fortemente influenciado pola mítica banda de crust coruñesa Ekkaia aínda que achegando o seu propio selo persoal. Deixaron rexistrados tres discos ao seu nome (o terceiro de maneira póstuma).

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • As cicatrizes do paraíso (Yellow Dog, 2003)
  • Que a fame de xustiza acorde a nossa sede de vingança (2004)
  • Invocación á morte (2005)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]