O xogo inclúe movementos realistas, permitindo que os xogadores empureen ós bloqueadores para gañar máis iardas durante unha carreira ou que realizen fintas máis realistas tras unha recepción, ademais de incluír celebracións interactivas para os touchdowns.[2] No modo Ultimate Team introducíronse as partidas de tres contra tres en liña así como un modo de xogo de "batallas individuais", un sistema de recompensas baseado nunha clasifcación dos xogadores segundo o seu desempeño en desafíos dun só xogador.[3] O xogo inclué unha continuación de Longshot, o modo dun xogador que segue unha historia particular iniciado en Madden NFL 18.[4]
En maio de 2018 anunciouse que Terrell Owens estaría na portada da edición "Hall of Fame". Owens represéntase cun uniforme dos Dallas Cowboys, algo cuestionado por algúns críticos xa que Owens foi seleccionado no Draft e xogou durante oito tempadas cos San Francisco 49ers, en comparación coas tres tempadas que xogou cos Cowboys.[19][2]
Antes do seu lanzamento, o xogo recibiu críticas por censurar o nome do quarterbackColin Kaepernick na canción "Big Bank", incluída na banda sonora do xogo.[20] EA respondeu ás críticas que xerou isto afirmando que fora un erro por parte do seu equipo por cuestións de dereitos.[21] Antes da publicación do xogo EA restaurou o seu nome na canción incluída no xogo.[22]
↑Goriff, Michael (9 de agosto de 2018). "Madden NFL 19 review". EGMNow. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2018. Consultado o 9 de agosto de 2018.