O marco convertible (en bosníaco: konvertibilna marka) é a moeda oficial de Bosnia e Hercegovina. Estableceuse como tal nos acordos de Dayton de 1995. O seu nome provén do marco alemán, moeda coa que mantivo unha taxa de cambio de 1 a 1 até 2002. Dende entón mantén un cambio fixo co euro de 0,51129 euros por marco.
Porén, na zona sur de Bosnia e Hercegovina, e debido á maioría de poboación croata, utilízase tamén a kuna croata.