Saltar ao contido

Mariano Tito Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMariano Tito Vázquez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1870 Editar o valor en Wikidata
Hellín Editar o valor en Wikidata
Morte13 de decembro de 1952 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
ProfesoresIgnacio Pinazo Camarlench Editar o valor en Wikidata
AlumnosRoberto González del Blanco e Juan Luis Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 197373 BUSC: 981013404418507712

Mariano Tito Vázquez Sánchez, nado en Hellín (provincia de Albacete) o 19 de xaneiro de 1870 e finado en Santiago de Compostela o 13 de decembro de 1952, foi un militar e pintor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Copias destes dous cadros conservados no Prado, feitas por Mariano Tito Vázquez, poden apreciarse na Igrexa dos Remedios do Castro de Caldelas.

Comezou pintando en Murcia, como alumno da Escola de Artes e Oficios. Cursou a carreira superior de Belas Artes na Escola de San Carlos de Valencia, onde foi alumno de Ignacio Pinazo, e logo rematou os estudos en Madrid, como copista no Museo do Prado. En 1899 vai para Santiago como militar. Alí, establecido na rúa do Vilar, combina a pintura coa súa vocación pola literatura e as artes escénicas: chegou a ser codirector do grupo teatral da universidade, o que o levará a emprender unha duradeira relación de amizade con intelectuais como Xoán Xesús González ou Armando Cotarelo Valledor.

Na Igrexa dos Remedios do Castro de Caldelas hai dúas copias de gran formato feitas por el, en 1917, de dúas obras de Bartolomé Esteban Murillo: Aparición da Virxe a San Bernardo e Imposición da casula a San Ildefonso.

Exerce como profesor de debuxo e pintura na Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago desde 1919. De 1927 a 1936 será profesor auxiliar na Escola de Artes e Oficios compostelá e profesor de debuxo no Instituto Xelmírez. Participou en distintas iniciativas artísticas de Galiza, como a súa intervención na Exposición de Arte Rexional de 1926. Dedicouse dun xeito especial á pintura costumista e ao retrato. Foi un grande debuxante e un pintor realista, cun certo toque romántico.[1]

  1. ↑ Cf. López Vázquez 1997.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]