Michael Mallin
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de decembro de 1874 Dublín |
| Morte | 8 de maio de 1916 prisión de Kilmainham |
| Causa da morte | ferida por arma de fogo |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Arbour Hill |
| Actividade | |
| Ocupación | rebelde, sindicalista, socialista, Alzamento de Pascua |
| Carreira militar | |
| Lealdade | Exército Británico |
| Participou no conflito | Alzamento de Pascua |
Michael Mallin ou Mícheál Ó Mulláin, nado o 1 de decembro de 1874 en Dublín (Irlanda) e executado na prisión de Kilmainham Gaol o 8 de maio de 1916, foi un rebelde e socialista irlandés que tomou parte activa no Alzamento de Pascua de 1916.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mallin era o segundo comandante do Exército Cidadán Irlandés baixo a dirección de James Connolly e comandaba a gornición de St. Stephen's Green en Dublín, xunto a Constance Markievicz. Era considerado un comandante valente e competente, a pesar de que o ataque á gornición sen ocupar os edificios dos arredores foi un erro evidente (se este era ou non o plan de Mallin non está claro).
Mallin rendiuse o domingo 30 de abril cando llo ordenou Connolly. Ante o consello de guerra que o xulgou tentou minimizar a súa participación, mais foi condenado a morte e fusilado o 8 de maio.