O tubícola chusco[1] (Neoclinus blanchardi) é unha especie de peixeperciforme da familiaChaenopsidae. Caracterízase por posuír unha gran boca ancha e un comportamento territorial.[2] Cando dous destes peixes se enfrontan nunha loita territorial, loitan premendo as súas bocas estendidas, coma se estivesen a bicarse; isto permítelles determinar cal dos exemplares ten unha boca de maior tamaño, estabelecendo así o seu dominio.[3]
Poden medir até 30cm de longo. Os seus corpos son alongados e esveltos, xeralmente desprovisto de escamas, con grandes aletas pectorais mentres que as pelvianas atópanse reducidas.[2] Despois da posta dos ovos por parte da femia baixo unha rocha ou nun tobo de ameixas, son os machos quen se encargan de protexer os ovos.