Saltar ao contido

Nervio óptico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nervio óptico
nervus opticus Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Subclase de
Características
 Conéctase con
Códigos e identificadores
Freebase/m/013wbs Editar o valor en Wikidata
MeSHD009900 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC12761 Editar o valor en Wikidata
WordLiftdata.medicalrecords.com… Editar o valor en Wikidata
TA 98A15.2.04.024%20Entity%20TA98%20EN.htm A14.2.01.006, A15.2.04.024
CIE-112013768320 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2780837183 e C2910842333 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

O nervio óptico é o segundo dos doce pares craniais. Leva información visual da retina a outras partes do sistema nervioso central.

Características

[editar | editar a fonte]

Puramente sensitivo, este nervio fórmase a partir dos axóns das células nerviosas da retina. A continuación diríxese cara ao fondo da órbita. Atravésaa servíndose das canles ópticas do esfenoide. Ata este punto, cada nervio óptico porta dous conxuntos de febras. Cada conxunto está formado por unhas febras nasais (procedentes da parte medial do ollo) e por unhas febras temporais (da parte lateral do ollo). O nervio continúa cara a atrás ata chegar ó quiasma óptico, onde as febras nasais de cada nervio cambian de lado. A información recollida polo nervio óptico chegará a diversas estruturas:

  • Córtex occipital, a ambos lados da cisura calcarina.
  • Corpos xeniculados laterais
  • Tálamo e glándula pineal

Tamén hai conexións con outras áreas do sistema nervioso central.

Lesións do nervio óptico

[editar | editar a fonte]

Unha lesión de todo o nervio dun lado por diante do quiasma produce a perda de visión total do ollo dese lado. Por detrás do quiasma, pérdese o campo nasal dun ollo e o campo temporal do outro. Certos tumores cerebrais comprimen o nervio óptico e dificultan e/ou impiden a visión do ollo dese lado.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Nervios craniais
CN I - Olfactorio
CN II - Óptico
CN III - Oculomotor
CN IV - Troclear
CN V - Trixémino
CN VI - Abducente
CN VII - Facial
CN VIII - Vestíbulococlear
CN IX - Glosofarínxeo
CN X - Vago
CN XI - Accesorio
CN XII - Hipogloso