Nostr
Aparencia
| Nostr | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
Nostr é un protocolo de rede descentralizado para sistemas de redes sociais distribuídos. O nome é o acrónimo da expresión inglesa "Notes and Other Stuff Transmitted by Relays" (en galego: "Notas e outras cousas transmitidas por relés"). Foi deseñada co obxectivo de fuxir da censura.[1][2]
A primeira implementación coñecida de Nostr data do 7 de novembro do 2020, e foi creada polo desenvolvedor coñecido como fiatjaf. Esta persoa é considerada como a creadora de Nostr.[3]
Usuarios
[editar | editar a fonte]A data de abril do 2023, a audiencia principal de Nostr eran usuarios de Bitcoin.[4] Jack Dorsey, o cofundador de Twitter, apoia publicamente a plataforma, e chegou a doar uns 250.000 dólares en bitcoin aos desenvolvedores do proxecto.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "nostr-protocol/nostr". 2024-03-27. Consultado o 2024-03-28.
- ↑ Castiglione, Chris. "How To Get Started With Nostr, Jack Dorsey’s Favorite Decentralized Social Network". Forbes (en inglés). Consultado o 2024-03-28.
- ↑ "basic server relay code. · nostr-protocol/nostr@6158017". GitHub (en inglés). Consultado o 2024-03-28.
- 1 2 "Here's why Bitcoiners are flocking to Nostr". Fortune Crypto (en inglés). Consultado o 2024-03-28.