Saltar ao contido

OSIRIS-REx

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
OSIRIS-REx
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Composto por
Implicados
 Operador/a
 Fabricante
Datas
 Data de comezo
2016 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
2029 Editar o valor en Wikidata
 Lanzamento
8 de setembro de 2016 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Precedido por
Localización
 Lugar de saída
Cifras e dimensións
 Altura
   3,1 m Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   2,4 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   2,4 m Editar o valor en Wikidata
 Masa
2.110 kg peso de lanzamento
880 kg peso seco Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02w4vfc Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: OSIRISREx Twitter: OSIRISREx Instagram: osiris_rex Youtube: UCgesBEUkT8iyGssfuJm-Gnw Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

OSIRIS-REx (Origins, Spectral Interpretation, Resource Identification, Security, Regolith Explorer) é unha sonda espacial da Universidade de Arizona e da NASA lanzada o 8 de setembro de 2016 mediante un foguete Atlas 5 desde Cabo Cañaveral para estudar e recoller mostras do asteroide 101955 Bennu.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

OSIRIS-REx é a terceira misión do programa New Frontiers. Foi deseñada para estudar e recoller mostras dun asteroide próximo á Terra, 101955 Bennu, un asteroide carbonáceo de categoría Apolo, potencialmente perigoso. Os obxectivos de OSIRIS-REx son:

  • Traer á Terra polo menos 60 gramos de material do asteroide, e ata un máximo de 2 kg.
  • Cartografar as propiedades globais do asteroide, químicas e mineralóxicas.
  • Documentar a textura, morfoloxía, química e propiedades espectrais do sitio de recollida de mostras.
  • Medir a desviación da órbita do asteroide a causa de forzas non gravitatorias, como o efecto Yarkovsky.
  • Caracterizar as propiedades globais do asteroide comparándoo coas observacións desde terra.

A nave foi lanzada o 8 de setembro de 2016 e chegou Bennu en decembro de 2018, estudandoo ata a recollida de mostras que tivo lugar en outubro de 2020. OSIRIS-REx deixará Bennu en 2021 para enviar as mostras recollidas nunha cápsula de reentrada atmosférica na Terra en setembro de 2023.[1][2][3]

A forma da nave é aproximadamente cúbica, con 2,72 m de altura e 3,1 m de ancho, e con dous paneis solares cunha superficie total de 8,5 m2 que xeran enerxía que é almacenada en varias baterías de ións de litio. A masa ao lanzamento, incluído propelente, era de 1529 kg. O sistema de propulsión usa propulsores de 200 N de impulso alimentados por hidracina e as comunicacións teñen lugar a través dunha antena parabólica de 2 m de diámetro. O mecanismo de recollida de mostras usa un brazo robótico denominado TAGSAM (Touch and Go Sample Acquisition Mechanism) cun cabeceiro cunha área de recolección e un sistema de chorros de nitróxeno para mover o regolito da superficie do asteroide e metelo no sistema de captura.[1][2][3]

Ademais do sistema de recollida de mostras OSIRIS-REx leva a bordo os seguintes instrumentos:[1][2][3]

  • OSIRIS-REx Camera Suite (OCAMS), un conxunto de cámaras.
  • OSIRIS-REx Laser Altimetry (OLA), un altímetro láser para estudar a forma do asteroide.
  • OSIRIS-REx Visible and IR SPectrometer (OVIRS), un espectrómetro para lonxitudes de onda visibles e infravermellas.
  • OSIRIS-REx Thermal Emission Spectrometer (OTES), un espectrómetro para estudar a emisión térmica do asteroide.
  • Spacecraft Telecom, para facer experimentos de gravidade e calcular a masa de Bennu.
  1. 1 2 3 4 NASA (14 de maio de 2020). "OSIRIS-REx" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2019. Consultado o 13 de decembro de 2020.
  2. 1 2 3 4 Mark Wade (2020). "OSIRIS-Rex" (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2020.
  3. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "OSIRIS-REx (New Frontiers 3)" (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]