Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Labrego
Título
O Labrego (gl)
Data de comezo
8 de xaneiro de 1891
Data de remate
1893
Fundación / creación
8 de xaneiro de 1891
Data de publicación
1891
Sede
Lugar de publicación
Wikidata
O Labrego foi un periódico editado en Lugo entre 1891 e 1893 .
Subtitulado Somanario d'intreses rexionales e literatura , apareceu o 8 de xaneiro de 1891 . Foi o continuador de A Monteira .[ 1] [ 2] Era unha publicación semanal, escrita enteiramente en galego, de intereses rexionais e literatura. Interrompeu a súa publicación a principios de febreiro,[ 3] pero volveu aparecer en marzo. Entre os seus colaboradores figuraron Alberto García Ferreiro , Enrique Labarta Pose , Juan Barcia Caballero e Benito Losada Astray .[ 4] Desapareceu en 1893.
Nos prólogos á edición facsimilar d'A Monteira (Xunta de Galicia , 1989), Xesús Alonso Montero escribe:
"Lástima que nesta ocasión non se poida ofrecer, en apéndice, 'O Labrego', semanario lugués de 1891 que foi a continuación da 'Monteira'. Os números publicados ¿ubi sunt? "
↑ El Eco de Galicia , 7-1-1891, p. 2.
↑ El Lucense , 9-1-1891, p. 3.
↑ El Eco de Galicia , 10-2-1891, p. 3.
↑ La Monarquía , 6-3-1891, p. 2.