Saltar ao contido

Ocelote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ocelote
 Nome taxon
    Leopardus pardalis
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
Características
 Caracterizado por
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeCarnivora
FamiliaFelidae
XéneroLeopardus
EspecieLeopardus pardalis Editar o valor en Wikidata
(Linnaeus, 1758) Leopardus pardalis Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
   13,5 kg peso adulto Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   1,5 Editar o valor en Wikidata
 Duración máxima da vida
   28,2 a Editar o valor en Wikidata
 Período de xestación
   77 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01nmp6 Editar o valor en Wikidata
ITIS552470 Editar o valor en Wikidata
OTT752746 Editar o valor en Wikidata
UICN11509 Editar o valor en Wikidata
CoL3T78D Editar o valor en Wikidata
EOL313991 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O ocelote[1][2] (do náhuatl océlotl) (Leopardus pardalis, noutrora Felis pardalis) é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos (Felidae), de tamaño mediano, corpo esvelto, rabo longo e pelame amarelado con tacas escuras (utilizada en peletaría), que vive en que vive nas zonas boscosas de México e América Central e do Sur.[3] Caza á noite. Diferénciase en numerosas subespecies.[4]

Nome común

[editar | editar a fonte]
Figura mochica desta especie 200 a. C. Museo Larco, Lima, Perú.

O ocelote coñécese nas súas zonas de orixe con variedade de nomes como:jaguarcito (Chaco), manigordo (Costa Rica e Panamá), cunaguaro (en Venezuela), tigrillo (en Colombia, México, Ecuador, O Salvador e o Perú), tigrecillo ou gato montés (en Bolivia e México), jaguatirica (en tupí jaguara (jaguar) + tyryk (agocharse)) (no Brasil), jaguarete´i ou mbarakaja (en guaraní "pequeno jaguarete" ou "gato" respectivamente) (no Paraguai), e gato onza (na Arxentina). Cómpre salientar que os nomes de ocelote e de tigre son compartidos, segundo as zonas, co distinto e moito maior félido chamado usualmente xaguar (Panthera onca).

Descrición

[editar | editar a fonte]
Ocelote

O ocelote é unha especie de felino de mediano tamaño, cunha lonxitude de testa e corpo de 70 – 90 cm, cola relativamente curta (30–40 cm, un 45% da lonxitude de testa e corpo) e un peso na contorna dos 11 kg. Posúen grandes orellas e gran sentido do ouvido, cuns ollos grandes e expresivos. As extremidades anteriores teñen cinco dedas e as posteriores catro; as poutas están provistas de almofadas, que permiten ao animal camiñar sen facer ruído, e con unllas longas, afiadas e completamente retráctiles, isto resúltalle moi útil cando non é necesario utilizalas como, por exemplo, ao correr, e evitar, deste xeito, a súa deterioración. Os seus ollos están moi ben adaptados aos cambios de luminosidade: as meniñas contráense até formar unha fina e negra liña vertical durante os días de moita luz, mais ábrense e redondéanse en situacións de escuridade.

A súa fórmula dentaria é a seguinte: 3/3, 1/1, 2-3/2, 1/1 = 28-30.[5]

Distribución

[editar | editar a fonte]
Ocelote en Bolivia

O ocelote está presente dende o sur dos Estados Unidos cara ao sur, en todos os países das Américas continentais, o norte da Arxentina e do Uruguai.

Presenta unha gran versatilidade no uso do hábitat podendo morar en selvas húmidas, zonas montañosas e até semidesérticas, o seu hábitat esténdese desde Texas á Arxentina. Son de hábitos nocturnos, pasando a maior parte do día a durmir nas pólas das árbores ou agochados entre a vexetación. É de hábitos solitarios. Tende a emboscar ás súas presas.

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Acadan a madureza sexual a partir dos 2 anos.[5] Tras un período de xestación que oscila entre os 72 e 82 días, as femias paren dunha a dúas crías, excepcionalmente tres ou catro.[5] Ao naceren pesan uns 250 g e non abren os seus ollos até 15 ou 18 días máis tarde.[6] En catividade estímaselle unha lonxevidade duns 20 anos; é posíbel que sexa moito máis curta na natureza.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aliméntase de mamíferos medianos e miúdos; coma sarigüés, macacos, morcegos, coellos e mesmo cervos adultos e outros. Tamén comen réptiles (caimáns novos, lagartos e serpes) e os ovos das tartarugas. Cazan aves e algúns son bos pescadores. Ademais, rexistráronse casos de canibalismo.[5] Cazan en solitario ou en grupos familiares, e o éxito da captura dependerá especialmente da vista e do ouvido; o olfacto tamén está moi desenvolvido, pero este adóitano empregar no exame da presa e no recoñecemento do territorio marcado con ouriños por outros machos da especie. As técnicas empregadas para cazar son variadas: nuns casos axexan á presa e, noutros, agardan agochados para se lanzaren despois por sorpresa sobre as súas vítimas.

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Coñécense 10 subespecies de ocelote:[4]

Conservación

[editar | editar a fonte]

A destrución do seu hábitat é a principal ameaza para a súa sobrevivencia. Ademais, este animal procúrase por cazadores furtivos co obxectivo de comercializar a súa pel, en razón dos valores estéticos que a mesma posúe.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ocelote.
  2. Nome galego en Portal das Palabras da RAG.
  3. Fonte: Diccionario Cumio da lingua galega, Vigo, Ed. do Cumio, 1999
  4. 1 2 Groves, Colin (2005).
  5. 1 2 3 4 Murray, J. L. e Gardner, G. L. (1997). "Leopardus pardalis". Mammalian Species (American Society of Mammalogists) (548): 1–10.
  6. Sunquist, M. e Sunquist, F. (2002). Wild Cats of the World (en inglés). Chicago, EE. UU.: University of Chicago Press. pp. 452. ISBN 9780226779997.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]