Saltar ao contido

Piromanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piromanía
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
Imaxe
Rapaz provocando un pequeno lume.
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Especialidade médica
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01k0r7 Editar o valor en Wikidata
MeSHD005391 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC94334 Editar o valor en Wikidata
CIE-111532500290 Editar o valor en Wikidata
CIE-10F63.1 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A piromanía[1] (do grego πυρός pyrós, "lume" e μανία teima "tolemia") segundo o DSM-V, é un trastorno do control dos impulsos relacionado coa provocación de incendios e a atracción polo lume.[2][3][4] Ó suxeito que padece piromanía denomínaselle pirómano.

O pirómano non debe ser confundido co incendiario que é aquela persoa que intencionadamente decide provocar incendios con premeditación, con ánimo de lucro ou simplemente por facer dano.

A piromanía forma parte da lenda urbana da tríade psicopática, xuntamente coa enurese e os malos tratos animais.[5]

Sintomatoloxía

[editar | editar a fonte]

Os síntomas adoitan comezar coa atracción ó lume cando son nenos e adolescentes. A piromanía se se dá en adultos pode ser crónica ou episódica, provocando incendios con frecuencia como un xeito de aliviar a súa tensión, ou fano só durante os períodos de tensión infrecuente nas súas vidas.[6]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

A piromanía é unha desorde mental moi rara, e os pirómanos representan unha moi pequena proporción das admisións nos hospitais psiquiátricos.[7][8]

  1. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para piromanía.
  2. ↑ "PSICOMED - CIE 10". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2018. Consultado o 23 de outubro de 2017.
  3. ↑ "Diagnostic criteria for 312.33 Pyromania". Consultado o 23 de outubro de 2017.
  4. ↑ "Pyromania DSM-5 312.33 (F63.1)". Consultado o 23 de outubro de 2017.
  5. ↑ Candice, Skrapec; Kori. "The Macdonald Triad: Persistence of an Urban Legend". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2017. Consultado o 23 de outubro de 2017.
  6. ↑ Bofill Moscardó, I.; Fernández Corchero; Villegas Briz; García del Moral; Hijano Bandera. "Psiquiatría infantil: patología prevalente en Atención Primaria, abordaje y tratamiento" 12. ISSN 1139-7632. Consultado o 23 de outubro de 2017.
  7. ↑ "The arsonist's mind: part 2 - pyromania". 1 de marzo de 2005. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2006. Consultado o 15 de xuño de 2006.
  8. ↑ "La piromanía, un trastorno que solo padece el 3% de los que inician un fuego deliberadamente". 20minutos.es. Consultado o 23 de outubro de 2017.