Saltar ao contido

Raponcio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raponcio
 Nome taxon
    Campanula rapunculus
 Nome curto
    C. rapunculus (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Uso
 Categoría taxonómica
Características
 Rusticidade da planta
4 Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeAsterales
 FamiliaCampanulaceae
 XéneroCampanula
 EspecieCampanula rapunculus Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Campanula rapunculus Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0fp_kb5 Editar o valor en Wikidata
OTT600582 Editar o valor en Wikidata
CoLQBTQ Editar o valor en Wikidata
EOL5133651 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0000828443 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O raponcio ou rapuncio[1] (Campanula rapunculus) é unha planta da familia das campanuláceas. Nativa de Europa, aparece brava en Galiza.

Flor.
Ilustración

Descrición

[editar | editar a fonte]

Herba bienal, coa raíz napiforme. Talos erectos, simples, glabros ou lixeiramente hirsutos, de até 100 cm de altura. Follas basais obovadas, pecioladas, as superiores linear-lanceoladas. Flores agrupadas nunha inflorescencia racemosa; dentes do cáliz erectos, setiformes; corola en forma de campá ou en forma de funil, de cor azul clara, algo máis longa que os dentes do cáliz; ovario situado en posición inferior respecto do resto das piezas florais. Froito en cápsula en forma de cono invertido, que se abre por pequenos buratos. Florece na primavera e no verán.

Prados, bosques, en carballeiras de cerquiño e piñeirais. Medra en forestas, pasteiros, ribadas, noiros, rochedos etc. desde o nivel do mar ata os 2.100 m.

Requirimentos ecolóxicos

[editar | editar a fonte]

Medra no piso colino a plena luz aínda que soporta a sombra; prefire calor. Non require de humidade edáfica, polo que é unha indicadora de sequidade moderada. Crece en pH de 5.5 a 8, polo que é indicadora de alcalinidade. Non necesita nitróxeno no solo.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Gran parte de Europa, agás Islandia, Irlanda e Noruega. Introducido en Dinamarca, Suecia e Gran Bretaña.

O raponcio usouse como cicatrizante de feridas e como adstrinxente. A súa raíz é comestíbel e emprégase coma aperitivo na preparación de ensaladas.[2]

As follas desta planta son un dos ingredientes do preboggion, mestura de herbas típica da cociña de Liguria.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Campanula rapunculus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 164. 1753.[3]

Etimoloxía

Campanula: nome xenérico que deriva do latín onde "campanula" significa "campaíña" (campá pequena).

rapunculus: epíteto

Sinonimia
  • Campanula lusitanica f. bracteosa (Willk.) Cout.
  • Campanula lusitanica f. racemoso-paniculata (Willk.) Cout.
  • Campanula lusitanica f. verruculosa (Hoffmanns. & Link) Cout.
  • Campanula lusitanica var. cymoso-spicata (Willk.) Cout.
  • Campanula lusitanica auct.
  • Campanula esculenta Salisb.
  • Campanula patula var. rapunculus (L.) Kuntze
  • Neocodon rapunculus (L.) Kolak. & Serdyuk.[4][5]
subsp. lambertiana (A.DC.) Rech.f.
  • Campanula hyrcania Wettst.
  • Campanula lambertiana A.DC.
  • Neocodon lambertianus (A.DC.) Kolak. & Serdyuk.[6]
subsp. rapunculus
  • Campanula calycina Boeber ex Schult.
  • Campanula castellana Pau
  • Campanula coarctata Gilib.
  • Campanula decurrens Thore
  • Campanula elatior Link & Hoffmanns.
  • Campanula fastigiata S.G.Gmel.
  • Campanula glandulosa Banks ex A.DC.
  • Campanula rapuncula St.-Lag.
  • Campanula verruculosa Hoffmanns. & Link
  • Campanula virgata A.DC.
  • Rapunculus verus Fourr.[7]
  1. ↑ Nome vulgar galego en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991 e Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
  2. ↑ Luceño Garcés, M. (1998). Flores de Gredos. Caja de Ávila. ISBN 9788493020309.
  3. ↑ Raponcio en Trópicos
  4. ↑ "Raponcio". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 8 de abril de 2012.
  5. ↑ "Raponcio en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2020. Consultado o 20 de marzo de 2014.
  6. ↑ "subsp. lambertiana en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2014.
  7. ↑ "subsp. rapunculus en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Lammers, T. G. 1994. Prodromus Monographiae Campanuloidearum.