Saltar ao contido

Sarah Nurse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSarah Nurse

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xaneiro de 1995 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Hamilton Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Wisconsin-Madison
Escola secundaria católica Bishop Tonnos Editar o valor en Wikidata
Peso148 lb Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogadora de hóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaCanadá Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
– Wisconsin Badgers women's ice hockey
– Toronto Furies
– Selección feminina de hóckey sobre xeo do Canadá
2023–2025 PWHL Toronto
2025– PWHL Vancouver
Participou en
20252025 IIHF Women's World Championship (en) Traducir
20242024 IIHF Women's World Championship (en) Traducir
2023Campionato do mundo feminino de hóckey sobre xeo 2023
25 de agosto de 2022Campionato do mundo feminino de hóckey sobre xeo 2022
2022Xogos Olímpicos de Inverno de 2022 Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesRichard Nurse, tío
Darnell Nurse, curmán entregue
Kia Nurse, curmá entregue Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm13293802 Twitter: nursey16 Instagram: nursey16 Olympics.com: nurse Editar o valor en Wikidata

Sarah Nurse, nada o 4 de xaneiro de 1995 en Burlington (Ontario, Canadá) é unha xogadora profesional canadense de hóckey sobre xeo. Na tempura 2025-26 xoga no PWHL Vancouver da Professional Women's Hockey League (PWHL), así como na selección canadense, coa que debutou na edición de 2015 da 4 Nations Cup e coa que disputou os Xogos Olímpicos de Inverno en 2018 e 2022.

Logo da súa carreira no hóckey universitario co equipo das Wisconsin Badgers, Nurse xogou unha tempada coas Toronto Furies da Canadian Women's Hockey League (CWHL) antes de que a liga cesara as súas operacións en 2019. Posteriormente axudu a fundar a Asociación de Xogadoras de Hóckey Profesionais (PWHPA polas súas siglas en inglés) e formou parte da súa xunta directiva. Cando a Asociación axudou a fundar a PWHL en 2023, Nurse uniuse ao comité executivo do sindicato da liga, a PWHL Players Association (PWHLPLA).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

No hóckey non profesional

[editar | editar a fonte]

Nurse gañou unha medalla de prata con Stoney Creek nos campionatos provinciais da Ontario Women's Hockey Association (OWHA). Tamén gañou unha medalla de bronce no instituto no campionato da OFSAA de 2010 e unha prata en 2011. En 2010 xogou co Team Heaney e chegou ata os cuartos de final nos Ontario Winter Games.

Durante a tempada 2010-11 da Provincial Women's Hockey League (PWHL), liderou en anotación o equipo das Stoney Creek Jr. Sabres. Foi nomeada para o equipo das estrelas da OWHA para un partido contra Team Ontario sub-18. Na tempada 2011-12 do campionato da PWHL, foi nomeada capitá suplente dee Stoney Creek. Nurse axudou o equipo a gañar unha medalla de bronce no campionato da PWHL. Ocupou o segundo posto en anotación de Stoney Creek.

Coas Stoney Creek Jr. Sabres da PWHL bateu o récord da liga, compartido por Kelly Sabatine e Thea Imbrogno, de máis goles nunha tempada. Na tempada 2012-13 rompeu a marca ao marcar 35 goles, salientando un hat-trick no derradeiro partido da tempada.[1]

Na liga universitaria (2013–2017)

[editar | editar a fonte]

Nurse xogou ao hóckey sobre xeo na NCAA Division coas Wisconsin Badgers da Western Collegiate Hockey Association (WCHA).

No partido polo campionato da WCHA Final Faceoff de 2015, Nurse anotou dúas veces, incluído o gol da vitoria fronte a Bemidji State.[2]

O 4 de decembro de 2016, unha vitoria por 8–2 fronte as eternas rivais, as Minnesota Golden Gophers, supuxo un fito na carreira de Nurse. No partido, disputado nun ateigado LaBahn Arena, Nurse marcou tres goles, converténdose na primeira xogadora na historia do programa de hóckey feminino da universidade en rexistrar un hat-trick fronte a Minnesota.[3]

Profesional

[editar | editar a fonte]

CWHL (2018–2019)

[editar | editar a fonte]

Logo de participar nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2018, Nurse foi seleccionada na segunda posición no Draft da WCHL 20228 polas Toronto Furies.[4] O 17 de outubro de 2018, Nurse anotou o seu primeiro gol na CWHL nun partido coas Furies no MasterCard Centre fronte ás visitantes do Shenzhen KRS Vanke Rays. Rompendo o empate a un gol nunha situación de power play no 8:54 do terceiro período, un gol que foi o tanto gañador nun resultado final de 3–1.[5]

PWHPA (2019–2023)

[editar | editar a fonte]

Xogando para o Team Sonnet (Toronto), Nurse participou na Secret Cup 2021, que foi a parte canadense do Dream Gap Tour da tempada 2020–21 da Professional Women's Hockey Players Association. Anotou un gol e deu unha asistencia na derrota por 4-2 no partido polo campionato fronte o Team Bauer (Montreal).[6]

PWHL (2023–presente)

[editar | editar a fonte]
Nurse co equipo PWHL Toronto en 2024.

Logo do lanzamento da Professional Women's Hockey League (PWHL), Nurse foi unha das tres xogadoras, xunto coas súas compañeiras no equipo olímpico canadense Blayre Turnbull e Renata Fast, que asinaron co PWHL Toronto durante o período anterior ao draft.[7]

O 4 de xuño de 2025 Nurse asinou un contrato dun ano coa franquía de expansión PWHL Vancouver durante o período de cinco días permitidos pola liga para que as xogadoras non protexidas polos seus equipos e as axentes libres negociaran con calquera das dúas novas franquías en Vancouver ou Seattle.[8][9]

Carreira internacional

[editar | editar a fonte]

Nurse formou parte do equipo azul de Ontario que competiu no Campionato Nacional Feminino U18 en 2011 e 2012, gañando un ouro e un bronce respectivamente. En 2013 formou parte da selección U18 do Canadá que gañou o ouro no Campionato de Mundo U18.

Na 4 Nations Cup 2015, Nurse formou parte do U22/Development Team do Canadá, gañando unha medalla de ouro.[10] Contribuiu con dúas asistencias na vitoria por 4–1 fronte a Finlandia o 3 de xaneiro de 2015.[11]

Nurse participou co equipo canadense no partido Elite Women's 3-on-3 na competición de habilidades do NHL All-Star Game 2020.

Nurse foi seleccionada para coompetir coa selección canadense no torneo olímpico feminino de 2018 celebrado en Pyeongchang, Corea do Sur.[12][13] Anotou o seu primeiro gol nuns Xogos Olímpicos o 14 de febreiro na vitoria das canadenses sobre a selección dos Estados Unidos por 2–1.[14] Axudou a que o equipo do Canadá conseguira a medalla de prata na quenda de penaltis fronte os Estados Unidos.[15]

O 11 de xaneiro de 2022, Nurse foi convocada pola selección canadense para disputar os Xogos Olímpicos.[16][17][18] En Pequín, Nurse estableceu dous novos récords olímpicos de máis puntos (18) e máis asistencias (13) nun só torneo feminino.[19]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Nurse comezou a patinar aos tres anos e a xogar ao hóckey sobre xeo aos cincoe.[20] Os seus primos son Darnell Nurse, xogador profesional de hóckey sobre xeo nos Edmonton Oilers da NHL, e Kia Nurse, baloncestista profesional das Los Angeles Sparks da WNBA.[21] Os seus tíos tamén estiveron vinculados ao mundo do deporte; o seu tío Donovan McNabb xogou ao fútbol americano como quarterback na National Football League (NFL), e o seu outro tío, Richard Nurse, foi receptor aberto dos Hamilton Tiger-Cats da Canadian Football League (CFL).[12]

Nurse, a filla birracial de pai negro triniteño e nai branca,[22] ten falado extensamente sobre o racismo no hóckey sobre xeo.[23] Cando un estudante levou un disfrace que representaba a Barack Obama sendo linchado durante un partido de fútbol americano dos Badgers en 2016, Nurse publicou unha declaración condenando non só o estudante, senón a cultura do racismo no deporte estudantil na Universidade de Wisconsin.[24][25] Logo das protestas pola morte de George Floyd no verán de 2020, Nurse falou con Caroline Cameron, de Sportsnet, instando á poboación do Canadá a non illarse do racismo dos Estados Unidos, citando a discriminación contra Viola Desmond.[26] Nurse declarou a The Canadian Press en novembro que os seus comentarios nas redes sociais sobre a igualdade racial a "inundaron con solicitudes de entrevistas".[27] En setembro de 2020, Liz Knox renunciou ao seu posto na xunta da PWHPA para permitir que Nurse ocupara o seu posto, alegando a "falta de interese" da asociación respecto das cuestións raciais no hóckey sobre xeo.[28] Logo da fundación da PWHL en 2023, Nurse foi nomeada membro do comité executivo da PWHLPA, o sindicato da liga.[29]

En novembro de 2020, Mattel e Tim Hortons colaboraron en dúas bonecas Barbie de edición limitada baseadas en Nurse e a súa compañeira xogadora de hóckey sobre xeo Marie-Philip Poulin. As bonecas creáronse como parte do programa de Barbie You Can Be Anything, que ten como obxectivo inspirar ás "nenas a scalar o seu potencial ilimitado a través do xogo imaxinativo e a interacción con modelos a seguir significativos".[30] Nurse apareceu na portada de xuño de 2021 de Elle Canada xunto con Hanna Bunton e Brigette Lacquette.[31] Nurse apareceu como xuíza convidada nun episodio da terceira tempada de Canada's Drag Race, que se emitiu no verán de 2022.[32] Tamén en 2022, Nurse converteuse na primeira muller en aparecer na portada dun título de EA Sports NHL con NHL 23, aparecendo xunto a Trevor Zegras.[33]

Estatísticas na súa carreira

[editar | editar a fonte]

Liga regular e play-offs

[editar | editar a fonte]
Liga regular Play-offs
Tempada Equipo Liga PX G A Pts PIM PX G A Pts PIM
2009–10 Stoney Creek Jr. Sabres PWHL 41014 10000
2010–11 Stoney Creek Jr. Sabres PWHL 3618133112 63140
2011–12 Stoney Creek Jr. Sabres PWHL 3021163721 83254
2012–13 Stoney Creek Jr. Sabres PWHL 3536205626 868148
2013–14 Universidade de Wisconsin WCHA 381110212 —————
2014–15 Universidade de Wisconsin WCHA 3715102510 —————
2015–16 Universidade de Wisconsin WCHA 3625133810 —————
2016–17 Universidade de Wisconsin WCHA 3925285326 —————
2018–19 Toronto Furies CWHL 2614122616 31010
2019–20 GTA West PWHPA ————— —————
2020–21 Toronto PWHPA 41456 —————
2022–23 Team Adidas PWHPA 2077144 —————
2023–24 PWHL Toronto PWHL 2411122314 50114
Totais na CWHL 2614122616 31010
Totais na PWHPA 248111910 —————
Totais na PWHL 2411122314 50114

Internacional

[editar | editar a fonte]
Ano Equipo Evento Resultado   PX G A Pts PIM
2013 Canadá U18 51010
2018 Canadá XXOO 51014
2019 Canadá WC 72682
2021 Canadá WC 71232
2022 Canadá XXOO 7513184
2022 Canadá WC 72248
2023 Canadá WC 74486
2024 Canadá WC 71342
2025 Canadá WC 71346
Totais júnior 5 1 0 1 0
Totais sénior 54 17 33 50 34

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • All-WCHA Rookie Team (2013–14)
  • Xogadora máis destacada do WCHA Frozen Face-Off 2015
  • WCHA All-Tournament Team (2015)
  • Terceiro equipo All-WCHA (2015–16)
  • Segundo equipo All-American (2016–17)[35]
  • Equipo do 20º aniversario da WCHA[36]
  • Segundo equipo All-Stars da PWHL (2023–24)[37]

IIHF e Xogos Olímpicos

[editar | editar a fonte]
  • Campionato do Mundo feminino da IIHF: ouro (2021–2022, 2024), prata (2023, 2025), e bronce (2019)
  • Xogos Olímpicos: ouro (2022) e prata (2018)
  1. ↑ "Stoney Creek's Sarah Nurse sets PWHL Single Season Scoring Record | Provincial Women's Hockey League" (en inglés). Pointstreak Sites. 24 de febreiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2018. Consultado o 23 de marzo de 2025.
  2. ↑ "Sarah Nurse" (en inglés). Wisconsin Badgers Athletics. Consultado o 4 de maio de 2025.
  3. ↑ "Sunday statement: No. 1 Badgers blitz No. 2 Golden Gophers 8–2: Nurse nets hat trick as UW scores its most goals of the season" (en inglés). Wisconsin Badgers Athletics. 4 de decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2017. Consultado o 4 de maio de 2025.
  4. ↑ La Rose, Jason (28 de agosto de 2018). "IN A LEAGUE OF THEIR OWN" (en inglés). hockeycanada.ca. Arquivado dende o orixinal o 9 de novembro de 2018. Consultado o 4 de maio de 2025.
  5. ↑ "Game Summary: October 17- Toronto Furies vs Shenzhen KRS Rays 3–1" (en inglés). CWHL. 17 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2018. Consultado o 16 de novembro de 2018.
  6. ↑ "Team Bauer beats Team Sonnet to win Canadian leg of PWHPA Secret Dream Gap Tour". sportsnet.ca (en inglés). 30 de maio de 2021. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2021. Consultado o 4 de maio de 2025.
  7. ↑ "Sarah Nurse leads free-agent signings by Toronto's PWHL franchise". CBC News (en inglés). 6 de setembro de 2023. Consultado o 4 de maio de 2025.
  8. ↑ "PWHL VANCOUVER SIGNS SARAH NURSE TO ONE-YEAR CONTRACT" (en inglés). Professional Women's Hockey League. 5 de xuño de 2025. Consultado o 5 de xuño de 2025.
  9. ↑ Salvian, Hailey (5 de xuño de 2025). "Sarah Nurse signs with PWHL’s Vancouver expansion franchise". The New York Times (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2025.
  10. ↑ "Canada's National Women's Team roster named for 2015 4 Nations Cup" (en inglés). Hockeycanada.ca. 13 de outubrp de 2015. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2019. Consultado o 19 de maio de 2025.
  11. ↑ "Canada at Finland – 2015 Tournament" (en inglés). Stats.hockeycanada.ca. 3 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 19 de maio de 2025.
  12. 1 2 Spencer, Donna (12 de febreiro de 2018). "Sarah Nurse adds Olympic hockey to athletic family tree with spot on Canadian team". Toronto Star (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2018. Consultado o 13 de main de 2025.
  13. ↑ "ATHLETE PROFILE – SARAH NURSE" (en inglés). Comité Olímpico Internacional. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2018. Consultado o 13 de maio de 2025.
  14. ↑ Walker, Teresa M. (15 de febreiro de 2018). "Sarah Nurse scores as Canadian women take first Olympic showdown against U.S. 2-1". Wisconsin State Journal (en inglés). Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2022. Consultado o 13 de maio de 2025.
  15. ↑ Futterman, Matthew (22 de febreiro de 2018). "U.S. Beats Canada for First Women's Hockey Gold Since 1998". The New York Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2018. Consultado o 13 de maio de 2025.
  16. ↑ Awad, Brandi (11 de xaneiro de 2022). "Team Canada's women's hockey roster revealed for Beijing 2022" (en inglés). Comité Olímpico Canadense. Arquivado dende o orixinal o 2 de xaneiro de 2022. Consultado o 14 de maio de 2025.
  17. ↑ "Canada's 2022 Olympic women's hockey team roster". Canadian Press (en inglés) (Toronto, Ontario, Canada). 11 de xaneiro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2022. Consultado o 14 de maio de 2025.
  18. ↑ "2022 Olympic Winter Games (Women)" (en inglés). Hockey Canada. 11 de xaneiro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2022. Consultado o 14 de maio de 2025.
  19. ↑ Maron, Brandon (16 de febreiro de 2022). "Sarah Nurse breaks Wickenheiser's Olympic record with 18th point of tournament". The Score (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2023. Consultado o 14 de maio de 2025.
  20. ↑ "Sarah Nurse" (en inglés). Team Canada - Official Olympic Team Website. 22 de decembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 4 de setembro de 2019. Consultado o 20 de maio de 2025.
  21. ↑ Graves, Wendy (13 de agosto de 2015). "Nurse looks to add to family's success" (en inglés). Hockeycanada.ca. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2015. Consultado o 20 de maio de 2025.
  22. ↑ "I Belong Here" (en inglés). The Park Journal. Arquivado dende o orixinal o 7 de decembro de 2022. Consultado o 20 de maio de 2025.
  23. ↑ Clark, Ryan S. (22 de decembro de 2020). "'We knew we had to do better': Sarah Nurse, Barbie & the future of Canadian hockey". The Athletic (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2021. Consultado o 20 de maio de 2025.
  24. ↑ Berkman, Seth (25 de novembro de 2016). "Two Black Women Embrace Their Chance to Be Hockey Role Models". The New York Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de novembro de 2020. Consultado o 21 de maio de 2025.
  25. ↑ @. (Chío) https://twitter.com/ – vía Twitter. Falta o |title= (Axuda)
  26. ↑ Ketko, Thomas (6 de xuño de 2020). "Sarah Nurse urges fellow Canadiasn not to 'suppress our Black history'". SportsNet (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2021. Consultado o 20 de maio de 2025.
  27. ↑ Spencer, Donna (1 de outubro de 2020). "Canadian women's hockey team forward Sarah Nurse ready for change". CBC.ca (en inglés). The Canadian Press. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2021. Consultado o 21 de maio de 2025.
  28. ↑ Kaplan, Emily (2 de setembro de 2020). "Women's hockey players' association adds Sarah Nurse to board to fix 'blind spot'". ESPN.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2020. Consultado o 22 de maio de 2025.
  29. ↑ Kennedy, Ian (20 de decembro de 2023). "PWHLPA Chooses Player Representatives". The Hockey News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2024. Consultado o 22 de maio de 2025.
  30. ↑ Milton, Steve (20 de novembro de 2020). "Tim Hortons selling Barbie Dolls of Hamilton's Sarah Nurse and national women's hockey teammate Marie-Philip Poulin". The Hamilton Spectator (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2021. Consultado o 22 de maio de 2025.
  31. ↑ "Meet the Three Pro Hockey Players Covering the June Issue of ELLE Canada". ellecanada.com (en inglés). 12 de maio de 2021. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2021. Consultado o 22 de maio de 2025.
  32. ↑ Nolfi, Joey (29 de xuño de 2022). "Brooke Lynn Hytes reunites with Werk Room crush Miss Vanjie on Canada's Drag Race season 3". EW (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2022. Consultado o 22 de maio de 2025.
  33. ↑ Bailey, Kat (25 de agosto de 2022). "NHL 23 Gets Gameplay Details, Release Date, and a Major First for Women In Sports Games" (en inglés). IGN. Arquivado dende o orixinal o 1 de setembro de 2022. Consultado o 22 de maio de 2025.
  34. ↑ Kulesa, Anna (24 de agosto de 2022). "Zegras, Nurse star on cover of EA Sports NHL 23" (en inglés). nhl.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2023. Consultado o 23 de maio de 2025.
  35. ↑ "2017 All-American Teams" (en inglés). ahcahockey.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2021. Consultado o 23 de maio de 2025.
  36. ↑ "WCHA 20TH ANNIVERSARY TEAM – SARAH NURSE, WISCONSIN: Former Badger great starred in the WCHA from 2013-14 to 2016-17" (en inglés). universitysport.prestosports.com. 27 de xaneiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2021. Consultado o 23 de maio de 2025.
  37. ↑ Kennedy, Ian (11 de xuño de 2024). "PWHL Hands Out Year End Awards, Spooner Named MVP". The Hockey News (en inglés). Consultado o 23 de maio de 2025.