Sonny Bono
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Salvatore Phillip Bono 16 de febreiro de 1935 Detroit |
| Morte | 5 de xaneiro de 1998 Stateline |
| Causa da morte | morte accidental, traumatismo físico |
| Lugar de sepultura | Desert Memorial Park (pt) |
| Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos | |
| 7 de xaneiro de 1997 – 5 de xaneiro de 1998 Lexislatura: 105º Congresso dos Estados Unidos (pt) Circunscrición electoral: 44º Distrito Congressional da Califórnia (pt) Electo en: 1996 United States House of Representatives elections (en) | |
| Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos | |
| 4 de xaneiro de 1995 – 3 de xaneiro de 1997 Lexislatura: 104º Congresso dos Estados Unidos (pt) Circunscrición electoral: 44º Distrito Congressional da Califórnia (pt) Electo en: 1994 United States House of Representatives elections (en) | |
| Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos | |
| 3 de xaneiro de 1995 – 5 de xaneiro de 1998 ← Al McCandless – Mary Bono (pt) Circunscrición electoral: 44º Distrito Congressional da Califórnia (pt) | |
| Mayor of Palm Springs (en) | |
| 1988 – 1992 | |
| Datos persoais | |
| Outros nomes | Don Christy Scott Christy Prince Carter |
| Educación | Inglewood High School (en) |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Washington, D.C. |
| Ocupación | actor, actor de televisión, actor de cinema, gastrónomo, guionista, produtor musical, político, cantautor, cantante, compositor |
| Período | Século XX |
| Período de actividade | 1963 |
| Partido político | Partido Republicano |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Música pop |
| Instrumento | Voz |
| Selo discográfico | Atco Records |
| Compañeiro profesional | Cher: Sonny & Cher (pt) |
| Familia | |
| Cónxuxe | Mary Bono (1986–1998) Susie Coelho (1981–1984) Cher (1964–1975) |
| Fillos | Chaz Bono ( |
Salvatore Phillip "Sonny" Bono, nado en Detroit (Míchigan) o 16 de febreiro de 1935 e falecido en Stateline (Nevada) o 5 de xaneiro de 1998, foi un produtor discográfico, cantante, actor e político estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bono comezou a súa carreira musical traballando para o produtor discográfico Phil Spector no inicio dos anos 1960. Máis tarde na mesma década, tivo un grande éxito comercial coa súa entón dona Cher, como parte do dúo Sonny & Cher. Bono escribiu, fixo os arranxos e produciu sinxelos de éxito como I Got You, Babe e The Beat Goes On. Entre 1971 e 1974 protagonizaron un programa da CBS, The Sonny & Cher Comedy Hour. En 1974 divorciouse de Cher e comeza a actuar con pequenos papeis en series como Fantasy Island e The Love Boat.
Foi alcalde de Palm Springs e congresista republicano por California (1994-1998).
A Copyright Term Extension Act dos Estados Unidos, que estendeu a duración do copyright por 20 anos, foi nomeada na súa honra cando foi aprobada polo Congreso dos Estados Unidos de América nove meses despois da súa morte. Mary Bono, a súa última muller, foi unha das principais promotoras da lexislación, tamén coñecida como a Sonny Bono Copyright Term Extension Act.[1]
Bono faleceu por mor dun accidente de esquí en 1998.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "U.S. Copyright Office: Annual Report 2002: Litigation". Copyright.gov. Consultado o 2011-01-21.