Saltar ao contido

Stavelot

Stavelot
 Xentilicio
    Stavelotain (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Lingua oficial
 Forma xurídica
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Capital
Stavelot (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Comparte fronteira con
 Contén núcleo de poboación
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   7.145 (2018) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   85,07 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal4970 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap2409290 Editar o valor en Wikidata
VIAF146637501 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/017w77 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Teléfono
+32-80-86-20-24 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Facebook: Ville-de-Stavelot-100069287976734 Youtube: UCKDfUuhKIVVdDvKVDg9BZLA Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Stavelot é un municipio de Valonia que se atopa na provincia belga de Liexa. O 1 de xaneiro de 2013, Stavelot tiña unha poboación total de 6.895. A superficie total é de 85´07 km², cunha densidade de poboación de 81 habitantes por km².

A cidade e a abadía de Stavelot, c. 1735
Stavelot Abbey, Bélxica (antes abadía de St. Remacle)

A cidade creceu ao redor da Abadía de Stavelot, fundada aproximadamente no ano 650, fundada por San Remaclo (Saint Remacle). As terras da vila ocuparon a zona fronteiriza entre os bispados de Colonia e Tongeren. A Abadía de Stavelot foi secularizada e demolida durante a Revolución Francesa, da igrexa só queda a porta do extremo oeste como unha torre independente. Dous claustros un laico e un monacal, sobreviven como patios de ladrillo e pedra do século XVII, que agora albergan o Museo do Principado de Stavelot-Malmedy e o museo dedicado ao poeta Guillaume Apollinaire, que foi un residente da vila, a vila tamén alberga o circuíto de Spa-Francorchamps. Quedan restos dos cimentos da igrexa da abadía, con paredes e bases de columnas que permiten ao visitante visualizar a magnitude da abadía románica.

Stavelot foi a sede do Principado de Stavelot-Malmedy, unha pequena rexión independente do Sacro Imperio Romano, rexido polos abades de Stavelot. O principado disolveuse en 1795 durante a Revolución francesa. No Congreso de Viena en 1815, Stavelot foi agregado ao Reino dos Países Baixos, mentres que Malmedy engadiuse á Renania Prusiana. En 1830 pasou a formar parte de Bélxica. (Malmedy tamén converteriase en parte de Bélxica, pero non ata 1919.)

O abade Wibaldo (gobernou entre 1130 e 1158) foi un dos grandes mecenas das artes no século XII, o Tríptico de Stavelot de cobre dourado e esmaltes, que contiña dous fragmentos da Vera Cruz, foi creado na Abadía durante o seu goberno (sobre 1156). A Biblia de Stavelot, e os fragmentos do retablo de Stavelot son tamén cumes da arte medieval.

O escudo de armas da cidade, concedido en 1819, está dividido en dúas faixas unha coa imaxe do sabio bispo fundador de Stavelot, e outra co lobo que segundo a lenda fundacional de Stavelot levou os ladrillos para a construción da Abadía.[1]

Durante a Batalla das Ardenas durante a segunda guerra mundial, a cidade foi escenario de intensos combates. Do 18 ao 20 de decembro de 1944, soldados pertencentes ao grupo de combate de Kampfgruppe Peiper do Sexto Exército Panzer asasinaron en Stavelot e a súa contorna a máis de 100 civís, entre eles mulleres e nenos. Peiper e algúns dos seus oficiais foron xulgados e condenados logo da guerra por estes crimes de guerra xunto con outros perpetrados durante o mesmo período.

Miscelánea

[editar | editar a fonte]

Stavelot é parte do percorrido orixinal do Circuíto de Spa-Francorchamps, a famosa sede do Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 e a carreira de resistencia das 24 Horas de Spa.

Stavelot tamén ten un carnaval tradicional, o Laetare des Blancs-Moussis. No domingo Laetare, o cuarto domingo da Coresma, uns 200 homes da localidade vestidos de branco e enmascarados con longos narices vermellos, os Blancs-Moussis, desfilan pola cidade lanzando confeti e golpeando aos transeúntes con vexigas de porco desecadas.

Tamén foi o lugar onde, no século XVI, o monxe Jean Delvaux afirmou ver bruxas e rituais demoníacos, e acusou a varios membros da igrexa de participar nestes rituais.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Coat of arms of Stavelot on Heraldry of the World