Sulmona (en latín:Sulmo; e grego:Σουλμῶν, Soulmōn) é unha cidade e comuna da provincia de L'Aquila nos Abruzos, Italia, cunha poboación de 22450 habitantes (2021). Está no Valle Peligna, unha chaira ocupada por un lago que desapareceu en tempos prehistóricos. Na antigüidade, era unha das cidades máis importantes da tribo itálica dos pelignos, e é coñecida por ser o lugar de nacemento de Ovidio.