TTS 1 foi un dos membros exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. TTS 1 foi lanzado no mesmo foguete que Pioneer 8 e a súa función foi servir de satélite de adestramento para as estacións terrestres asignadas ó proxecto Apollo, para o cal levaba a bordo un transpondedor de 9,5 vatios en banda S (2101,9 MHz e 2283,5MHz). Tiña forma de octaedro duns 30cm de lado e a alimentación eléctrica era proporcionada por células solares que recubrían a superficie do satélite e que recargaban as baterías de a bordo, de níquel-cadmio. TTS 1 foi inxectado nunha órbita inicial menor do planeada, de 482km de apoxeo e 293km de perixeo, cunha inclinación orbital de 32,9 graos e un período de 92,3 minutos, reentrando na atmosfera o 28 de abril de 1968, chegando a cumprir a súa misión de todos modos.[3][1][4][5][6]