Tahuata
| Tipo | illa illa volcánica | |||
|---|---|---|---|---|
| Descubridor ou inventor | Álvaro de Mendaña | |||
| Parte de | Illas Marquesas Southern Marquesas group (en) | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Tahuata, Francia | |||
| ||||
| Bañado por | océano Pacífico | |||
| Características | ||||
| Superficie | 61 km² | |||
| Historia | ||||
| Data de descuberta ou invención | 1595 | |||
Tahuata é a illa máis pequena das habitadas das Marquesas, na Polinesia Francesa, un territorio de ultramar francés no océano Pacífico. Está situada no grupo sur do arquipélago, a 4 km ao sur do extremo occidental de Hiva Oa, a través da Canle de Bordelais, chamada Ha'ava en marquesano.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Tahuata é a máis pequena das illas habitadas das Marquesas, cunha superficie de 61 km². A illa é moi montañosa, con profundos vales e cantís. A altitude máxima está no monte Amatea de 1050 metros. A orografía non permite a construción dunha pista de aterraxe e as comunicacións son vía marítima desde a illa veciña de Hiva Oa, separada pola canle de Bordelais de 4 km de ancho e unhas correntes de 20 nós.
A poboación total era de 703 habitantes no censo do 2012. A vila principal é Vaitahu, localizada no oeste da illa, capital da comuna que inclúe tamén a illa deshabitada de Moho Tani, outras vilas son Hapatoni, Motopu e Hanatetena. A activitad principal é a agricultura e a artesanía.

Historia
[editar | editar a fonte]Os restos arqueolóxicos indican que Tahuata estaba habitada polos polinesios xa no século III. Na época pre-europea era considerada unha dependencia de Hiva Oa.
Vaitahu foi o lugar dos primeiros contactos das Marquesas cos europeos. O primeiro avistamento rexistrado polos europeos foi pola expedición española de Álvaro de Mendaña o 22 de xullo de 1595. Foi aquí onde chamou ao arquipélago as Marquesas de Mendoza, e a illa Santa Cristina. Desembarcaron en Vaitahu que nomearon Madre de Dios. De acordo coas contas españolas Tahuata tiña aves, peixes, cana de azucre, plátano, froitos secos e froitas. A vila existente estaba construída en dous lados dun espazo rectangular, as casas eran de madeira e canas entrelazadas. Un edificio que os españois supoñian que era relixioso levantábase fóra da cidade, nun espazo encerrado por empalizadas, e que contiña algúns ídolos ante os que se atopaban ofrendas e provisións. A xente tiña grandes e ben construídas canoas de vela. As súas ferramentas estaban feitas de cunchas e ósos de peixe. Usaban tirafondas, pedras e lanzas como armas.[1][2] Unha serie de malentendidos provocou o masacre de 200 vítimas.
O inglés James Cook chegou en 1774, e o francés Dupetit-Thouars en 1842, proclamou en Vaitahu a anexión das Marquesas a Francia. Posteriormente edificouse a primeira igrexa das illas.
A fala da illa é o dialecto Nuku da lingua marquesana.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tahuata |
