Saltar ao contido

Tauranga

Tauranga
 Nome orixinal
Tauranga-moana (mi)
Tauranga (en) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Tauranga (mi) dende 2019 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Mahé Drysdale (2024 - ) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1882 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Continente
 Irmandado con
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
109.539 (2013)
130.800 (2015)
136.713 (2018) 2018 New Zealand census (en) Traducir
135.000 (2018) estimación
151.300 (2020) estimación Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   168 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   0 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal3110 Editar o valor en Wikidata
VIAF132514072 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01n6lz Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Tauranga (en maorí: Tauranga-moana) é a cidade máis poboada e capital da rexión neozelandesa de Bay of Plenty, na Illa Norte. A zona foi colonizada polos maorís a finais do século XIII e a comezos do século XIX polos europeos. En 1963 foi constituída oficialmente como cidade.[1] Cunha área urbana na que viven 127.700 habitantes (estimación de xuño de 2014), é a sexta cidade de Nova Zelandia por poboación. Tamén é un dos principais centros de negocios, comercio internacional, cultura, moda e horticultura do país. O porto de Tauranga é o meirande de Nova Zelandia en termos de volume de exportacións e eficiencia.[2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Tauranga atópase arredor dun gran porto que se estende ao longo do bordo occidental da baía da abundancia. Está protexida na costa pola illa Matakana e no interior polo xa extinto volcán Mauao

Tauranga é aproximadamente a antípoda da cidade andaluza de Xaén.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno105.000110.000115.000120.000125.000130.000135.000140.000201320142015201620172018TaurangaEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Tauranga ten un marcado clima oceánico, aínda que tamén pode ser descrito como subtropical por mor do alto grao de humidade nos meses de verán.[3]

Durante o verán a cidade énchese de turistas, principalmente atraídos polas praias de area branca que se atopan entre a vila de Mount Maunganui e Papamoa.

Datos climáticos para Tauranga (1981−2010)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 24,0 24,0 22,5 19,9 17,4 15,1 14,5 15,0 16,6 18,1 20,1 22,3 19,1
Media diaria en °C 19,4 19,6 18,0 15,5 13,2 10,8 10,2 10,7 12,3 13,9 15,8 18,0 14,8
Media mínima en °C 14,8 15,3 13,5 11,0 9,0 6,6 5,9 6,4 8,0 9,7 11,4 13,6 10,4
Precipitación media mm 76,0 86,6 92,7 120,9 105,7 115,7 127,4 112,3 87,6 90,4 75,3 90,3 1 180,9
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) 6,4 7,0 8,0 8,4 8,6 10,9 11,5 11,8 10,4 10,3 9,1 8,2 110,4
Humidade relativa media (%) 74,4 77,7 77,7 80,4 83,3 85,5 84,1 81,9 77,4 75,2 73,4 74,8 78,8
Media de horas de sol mensuais 261,5 217,3 214,0 183,9 165,3 135,4 151,0 173,4 174,1 212,7 224,2 232,7 2 345,6
Fonte: NIWA Climate Data[4]
  1. ↑ Tauranga City Council (ed.). "Local Government 1860 - present". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2008. Consultado o 12 de setembro de 2015.
  2. ↑ "Port of Tauranga Limited". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2015. Consultado o 12 de setembro de 2015.
  3. ↑ NIWA (ed.). "Northern New Zealand". Consultado o 12 de setembro de 2015.
  4. ↑ "Climate Data and Activities". NIWA Science. Consultado o October 15, 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]