Saltar ao contido

The Chronicles of Narnia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Chronicles of Narnia
 Título
    The Chronicles of Narnia (en) Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
    The Chronicles of Narnia (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Epónimo
 Medio usado
Características
 Público obxectivo
 Representa a
 Tema principal
 Universo ficticio
 Obra derivada
 Lingua
Implicados
 Autor/a
 Ilustrador/a
Datas
 Fundación / creación
1950 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1950 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Wikidata C:Commons

The Chronicles of Narnia é o nome dunha serie de sete novelas de fantasía escritas polo británico C. S. Lewis. Ilustradas por Pauline Baynes e publicadas orixinalmente entre 1950 e 1956, a serie de The Chronicles of Narnia adaptouse para radio, televisión, teatro, cinema e mesmo videoxogos.

Ten lugar nun reino ficticio chamado Narnia, un mundo de fantasía e maxia cheo de criaturas mitolóxicas e animais que falan. Trata as aventuras de varios nenos e nenas que xogan un papel central na historia de Narnia. Agás en The Horse and His Boy, os protagonistas son sempre nenos do mundo real que son transportados maxicamente a Narnia, onde deben loitar contra o mal por petición do león Aslan. Os libros recollen a historia enteira de Narnia, dende a súa creación en The Magician's Nephew até a súa destrución en The Last Battle.

A serie de The Chronicles of Narnia considérase un clásico da literatura infantil e é a obra máis vendida de C. S. Lewis, con arredor de 100 millóns de copias en 47 linguas.[1][2][3]

Orde de lectura

[editar | editar a fonte]

Os admiradores da serie adoitan ter diferentes opinións sobre a orde na que se deberían ler os libros. O problema atópase no lugar que ocupan The Magician's Nephew e The Horse and His Boy na serie. Ambos os dous recollen acontecementos que teñen lugar moito antes dentro da cronoloxía de Narnia do que lles correspondería por orde de publicación, rompendo a liña narrativa dos outros libros. A orde de lectura dos outros cinco libros non xera discusión.

Libro Ano de publicación Cronoloxía interna[5]
Ano na Terra Anos en Narnia
The Lion, the Witch and the Wardrobe 195019401000–1015
Prince Caspian: The Return to Narnia 195119412303
The Voyage of the Dawn Treader 1952Verán de 19422306–2307
The Silver Chair 1953Outono de 19422356
The Horse and His Boy 1954[1940]1014
The Magician's Nephew 195519001
The Last Battle 195619492555

Adaptacións

[editar | editar a fonte]
Debuxos animados
  • 1979: The Lion, the Witch and the Wardrobe. Dirixida por Bill Meléndez.
Series de televisión
  • 1988: BBC's The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch, and the Wardrobe. Dirixida por Marylin Fox.
  • 1989: BBC's The Chronicles of Narnia: Prince Caspian and The Voyage of the Dawn Treader. Dirixida por Alex Kirby.
  • 1990: BBC's The Chronicles of Narnia: The Silver Chair. Dirixida por Alex Kirby.
Serie de filmes
  1. Kelly, Clint (2006). "Dear Mr. Lewis". Response 29 (1). Consultado o 22 de setembro de 2008.
  2. Guthmann, Edward (11 de decembro de 2005). "'Narnia' tries to cash in on dual audience". San Francisco Chronicle. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2012. Consultado o 22 de setembro de 2008.
  3. GoodKnight, Glen H. (3 de agosto de 2010). "Narnia Editions & Translations". Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2011. Consultado o 6 de setembro de 2010.
  4. 1 2 3 4 5 6 7 Green & Hooper 2002.
  5. Hooper, Walter (1979). "Outline of Narnian history so far as it is known". En Macmillan Publishing Co. Past Watchful Dragons: The Narnian Chronicles of C. S. Lewis. Nova York. pp. 41–44. ISBN 0-02-051970-2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]