O trigo común, trigo vulgar, trigo fariñeiro ou simplemente trigo (Triticum aestivum, Triticum sativum ou T. vulgare), é un cereal do xénero Triticum sendo a especie de trigo máis espallada e cultivada no mundo.
É unha planta alohexaploide, por mor á súa conformación de 42 cromosomas repartidos en 6 xogos dende tres diferentes especies (Triticum spelta, Aegilops cylindrica, de 7 cromosomas cada unha). A planta posúe tres xenomas idénticos, os cales posúen información xenética repetida, o que lle confire á especie en si grande adaptabilidade aos diferentes ambientes.
Esta especie é máis cultivada nas latitudes altas de ambos hemisferios (por exemplo na Arxentina, no Canadá, en Francia ou na Ucraína). É amplamente empregada para obter fariña triga destinada á elaboración de pan (pantrigo).
É a especie máis cultivada en Galiza dende a antigüidade.
Farelo e/ou fariña (branca ou integral), en uso externo: usado para hematomas, contusións, inflamacións articulares, mialxias, catarros, amigdalites, erupcións cutáneas inespecíficas dos lactantes.
Amidón: usado coma demulcente, coadxuvante na elaboración farmacéutica dos comprimidos (como desintegrante); antídoto das intoxicacións por iodo.[1]
A fariña presenta intolerancia ao glute. Ao inicio e durante o tratamento con fibra, deberase controlar a glicemia para axustar, se fose necesario, as doses de insulina ou de antidiabéticos orais.[1]
Preparación, receitas: Úsase o froito (sementes): farelo, fariña, xerme.[1]