Wideband Global SATCOM
Wideband Global SATCOM ou WGS é unha serie de satélites de comunicacións dos Estados Unidos situados na órbita xeoestacionaria que empezaron a lanzarse en 2007.[1][2][3][4][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]
Os satélites WGS, orixinalmente co significado de Wideband Gapfiller Satellite, foron desenvolvidos por Boeing Satellite Systems por contrato do goberno para substituír os satélites DSCS III. A súa función é servir de enlace de comunicacións para o exército e a forza aérea dos Estados Unidos con conexións de alta velocidade, usando a banda Ka. Segundo o tipo e capacidades hai varios bloques de satélites WGS. As unidades lanzadas o foron usando foguetes Atlas 5 e Delta 4.[1][2][3][4][5][6]
WGS Bloque 1
[editar | editar a fonte]O Bloque 1 está formado polos WGS 1, 2 e 3. Son satélites que usan o bus BSS-702, cunha masa en seco de 3000 kg e 11 kW de potencia xerados polos seus paneis solares. Teñen un tempo estimado de vida de 14 anos e proporcionan un ancho de banda de entre 2,1 e 3,6 Gb/s, máis de 10 veces a capacidade dos DSCS III. A bordo levan transpondendores en banda Ka e banda X, con antenas dirixibles para modificar a cobertura en función das necesidades.[1][2][3][4][5][6]
WGS Bloque 2
[editar | editar a fonte]Está formado polos WGS 4, 5, 6 e 7. Son similares aos do Bloque 1 pero mellorados, cunha capacidade aumentada para dar servizo a vehículos aéreos non tripulados.[1][2][3][4][5][6]
WGS Bloque 2 Continuación
[editar | editar a fonte]Formado polos WGS 8, 9 e 10, usan bandas melloradas, aumentando a capacidade dos precedentes en ata un 30%.[1][2][3][4][5][6]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]| Misión[1][2][3][4][5][6] | Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6] | Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6] | Notas[1][2][3][4][5][6] |
|---|---|---|---|
| WSGS 1 | 11 de outubro de 2007 | Atlas 5 | Éxito |
| WSGS 2 | 4 de abril de 2009 | Atlas 5 | Éxito |
| WSGS 3 | 6 de decembro de 2009 | Delta 4M | Éxito |
| WSGS 4 | 20 de xaneiro de 2012 | Delta 4M | Éxito |
| WSGS 5 | 25 de maio de 2013 | Delta 4M | Éxito |
| WSGS 6 | 8 de agosto de 2013 | Delta 4M | Éxito |
| WSGS 7 | 24 de xullo de 2015 | Delta 4M | Éxito |
| WSGS 8 | 7 de decembro de 2016 | Delta 4M | Éxito |
| WSGS 9 | 19 de marzo de 2017 | Delta 4M | Éxito |
| WSGS 10 | 16 de marzo de 2019 | Delta 4M | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Gunter Dirk Krebs (2026). Gunter's Space Page, ed. "WGS 1, 2, 3 (WGS Block 1)" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2026.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Gunter Dirk Krebs (2026). Gunter's Space Page, ed. "WGS 4, 5, 6, 7 (WGS Block 2)" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2026.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Gunter Dirk Krebs (2026). Gunter's Space Page, ed. "WGS 11, 12" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2026.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Mark Wade (2026). "WGS 1, 2, 3" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2026.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Mark Wade (2026). "WGS 4, 5, 6, 7" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2026.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Mark Wade (2026). "WGS 8, 9, 10" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wideband Global SATCOM |