Saltar ao contido

Wideband Global SATCOM

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «WGS 3»)

Wideband Global SATCOM ou WGS é unha serie de satélites de comunicacións dos Estados Unidos situados na órbita xeoestacionaria que empezaron a lanzarse en 2007.[1][2][3][4][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]
Representación artística dun satélite WGS.

Os satélites WGS, orixinalmente co significado de Wideband Gapfiller Satellite, foron desenvolvidos por Boeing Satellite Systems por contrato do goberno para substituír os satélites DSCS III. A súa función é servir de enlace de comunicacións para o exército e a forza aérea dos Estados Unidos con conexións de alta velocidade, usando a banda Ka. Segundo o tipo e capacidades hai varios bloques de satélites WGS. As unidades lanzadas o foron usando foguetes Atlas 5 e Delta 4.[1][2][3][4][5][6]

WGS Bloque 1

[editar | editar a fonte]

O Bloque 1 está formado polos WGS 1, 2 e 3. Son satélites que usan o bus BSS-702, cunha masa en seco de 3000 kg e 11 kW de potencia xerados polos seus paneis solares. Teñen un tempo estimado de vida de 14 anos e proporcionan un ancho de banda de entre 2,1 e 3,6 Gb/s, máis de 10 veces a capacidade dos DSCS III. A bordo levan transpondendores en banda Ka e banda X, con antenas dirixibles para modificar a cobertura en función das necesidades.[1][2][3][4][5][6]

WGS Bloque 2

[editar | editar a fonte]

Está formado polos WGS 4, 5, 6 e 7. Son similares aos do Bloque 1 pero mellorados, cunha capacidade aumentada para dar servizo a vehículos aéreos non tripulados.[1][2][3][4][5][6]

WGS Bloque 2 Continuación

[editar | editar a fonte]

Formado polos WGS 8, 9 e 10, usan bandas melloradas, aumentando a capacidade dos precedentes en ata un 30%.[1][2][3][4][5][6]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2][3][4][5][6] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6] Notas[1][2][3][4][5][6]
WSGS 1 11 de outubro de 2007 Atlas 5 Éxito
WSGS 2 4 de abril de 2009 Atlas 5 Éxito
WSGS 3 6 de decembro de 2009 Delta 4M Éxito
WSGS 4 20 de xaneiro de 2012 Delta 4M Éxito
WSGS 5 25 de maio de 2013 Delta 4M Éxito
WSGS 6 8 de agosto de 2013 Delta 4M Éxito
WSGS 7 24 de xullo de 2015 Delta 4M Éxito
WSGS 8 7 de decembro de 2016 Delta 4M Éxito
WSGS 9 19 de marzo de 2017 Delta 4M Éxito
WSGS 10 16 de marzo de 2019 Delta 4M Éxito
  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Gunter Dirk Krebs (2026). Gunter's Space Page, ed. "WGS 1, 2, 3 (WGS Block 1)" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2026.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Gunter Dirk Krebs (2026). Gunter's Space Page, ed. "WGS 4, 5, 6, 7 (WGS Block 2)" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2026.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Gunter Dirk Krebs (2026). Gunter's Space Page, ed. "WGS 11, 12" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2026.
  4. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Mark Wade (2026). "WGS 1, 2, 3" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2026.
  5. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Mark Wade (2026). "WGS 4, 5, 6, 7" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2026.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Mark Wade (2026). "WGS 8, 9, 10" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]