Williot Theo Swedberg
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 1 de febreiro de 2004 Estocolmo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,85 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Suecia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Pais | Hans Eskilsson | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Williot Theo Swedberg, nado en Estocolmo o 1 de febreiro de 2004, é un futbolista sueco que xoga como mediocentro no Celta de Vigo da Primeira División de España.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hammarby IF
[editar | editar a fonte]Tras varias cesións en equipos da terceira categoría sueca, debutou no Hammarby IF o 11 de xullo de 2021, nunha vitoria por 5-1 fronte o Degerfors IF. Entrou no minuto 79 e anotou un gol dous minutos despois.
O 23 de febreiro de 2022, Williot estivo a piques de fichar polo Lokomotiv de Moscova. Porén, a fichaxe foi truncada pola invasión rusa en Ucraína, que provocou a cancelación do fútbol no país.
Celta de Vigo
[editar | editar a fonte]O 17 de xuño de 2022 fíxose oficial a súa incorporación ao Celta de Vigo, por 4,7 millóns de € e cun contrato até 2027.[2]
Selección
[editar | editar a fonte]Swedberg anotou no seu debut coa Selección de fútbol sub-17 de Suecia nunha vitoria por 3-1 fronte a Noruega o 17 de setembro de 2019.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]
Actualizado co último partido disputado o 29 de maio de 2022 .
| Club | País | Ano | Partidos | Goles |
|---|---|---|---|---|
| Hammarby IF | 2020-2022 | 40 | 8 | |
| IK Frej (cedido) | 2020 | 16 | 0 | |
| Hammarby TFF (cedido) | 2021 | 11 | 1 | |
| Celta de Vigo | 2022-act. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Williot Swedberg en Transfermarkt". Transfermarkt. Consultado o 29 de xullo de 2022.
- ↑ "As cifras e o bonus da fichaxe de Williot Swedberg polo Celta.". El demarque. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2022. Consultado o 30 de xullo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista a Williot Swedberg en Celta Media, a canle de YouTube do RC Celta.