X-Men é unha serie de filmes pertencente ó cine de superheroes baseada nos superheroes do cómic do mesmo nome, quen orixinalmente apareceron como banda deseñada da man de Stan Lee e Jack Kirby e publicado por Marvel Cómics. No ano 1994 20th Century Fox obtivo os dereitos de filme das personaxes, e logo de numerosos borradores o director Bryan Singer foi contratado para dirixir X-Men (2000) e a súa continuación, X2 (2003), mentres Brett Ratner dirixiu X-Men: The Last Stand (2006).
X-Men, X2, X-Men: Firts Class, The Wolverine, X-Men: Days of Future Past, Deadpool e Logan foron ben acollidas polos críticos. No caso de X-Men: The Last Stand e X-Men: Apocalypse obtiveron críticas variadas, mentres X-Men Origins: Wolverine obtivo moi malas críticas.
Con dez filmes estreados, a serie de filmes sobre os X-Men atópase no sétimo posto da recadación de fondos, logo de recadar sobre $4,9 mil millóns mundialmente. Situación que 20th Century Fox pretende continuar coas estreas no 2018 New Mutants, Deadpool 2 e Dark Phoenix.