Quintas
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do plural de quinta. Segundo Cabeza Quiles, os topónimos Quintas e As Quintas poden referirse á quinta parte dunha herdade ou a terras aforadas que pagaban ao señor ou mosteiro correspondente a quinta parte do que producían; de aí tamén o substantivo quinta, co significado de «casa con leiras ao seu redor que pagaba de renda unha quinta parte dos froitos» ou «terreo cultivable».[1]
Pronuncia: /ˈkinta̝s/ (AFI)
Quintas
- (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello de Paderne, na comarca de Betanzos, na provincia da Coruña.
- Sinónimos: Santo Estevo de Quintas.
- Véxase tamén: Lugares da parroquia: O Barreiro, Caxiao, A Costa, O Couto, A Lameira, Loibo, O Pazo, Sanín, A Veliña, Velón e O Vilar.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Quintas, Paderne» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Artoño, no concello de Agolada, na comarca do Deza, na provincia de Pontevedra.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Quintas, Artoño, Agolada» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Orga, no concello de Celanova, na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Quintas, Orga, Celanova» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Cereixo, no concello da Estrada, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes, na provincia de Pontevedra.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Quintas, Cereixo, A Estrada» na Galipedia.
Termos relacionados
Referencias
- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2018): Toponimia da Estrada. A Coruña: Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica, p. 135. ISBN 978-84-947823-6-7. DOI: 10.32766/rag.336.
