AC-523
| AC-523 | |
|---|---|
![]() | |
| Identificador | |
| Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Básica |
| Rede | Rede de estradas de Galicia |
| Titular da vía | |
| Dimensións | |
| Lonxitude | 15,65 km |
| Formato | 1 carril por sentido |
| Localización | |
| Inicio | A-6 Ledoño |
| Fin | DP-2405 Meirama |
A AC-523[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Ledoño (Culleredo) e Meirama (Cerceda); atravesa os concellos de Culleredo, A Laracha e Cerceda. Ten unha lonxitude de 15,65 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa A-6 en Ledoño (Culleredo) e finaliza nun cruzamento coa DP-2405 en Meirama (Cerceda).
Percorrido
[editar | editar a fonte]A estrada inicia o seu percorrido en Ledoño (Culleredo), na confluencia da autovía A-6 e a autovía urbana AC-14, nas inmediacións do polígono industrial de Ledoño. Remata no lugar de Morzós nas Encrobas (Cerceda), nas proximidades das instalacións de Sogama, logo de 15,65 quilómetros de percorrido. Neste lugar a vía prosegue coa denominación DP-2405, partindo do punto quilométrico 1.7 cara ao Mesón do Vento (Ordes), pasando pola central térmica de Meirama.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
