Saltar ao contido

Aciveiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aciveiros
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   30 (2024) Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal49574 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Aciveiros (en castelán e oficialmente Aciberos) é unha localidade do concello de Lubián, na provincia de Zamora (Castela e León).[1]

Situación

[editar | editar a fonte]

Encóntrase situado ao noroeste da provincia de Zamora, preto da provincia galega de Ourense e da rexión histórica portuguesa de Trás-os-Montes. Pertence ás Portelas ou Alta Seabra, unha subcomarca da bisbarra histórica e tradicional da Seabra.

Situado en plena rota do Camiño de Santiago Xabrés, o seu nome significa "o lugar dos acivros". Encóntrase arrodeado de bosques de carballos e breixos, aínda que tamén hai castiñeiros, algúns deles centenarios. É unha zona xenerosa en auga que recollen as súas múltiples fontes. Do seu patrimonio destaca a pequena ermida de Santa Ana, cunha bonita espadana con toques barrocos, e a súa igrexa parroquial da virxe do Carme. Tamén sobresae o seu rico patrimonio etnográfico, como os numerosos muíños de auga e fornos de cocer pan, todos eles datados entre os séculos XV e XVIII.

É unha das localidades bilingües da provincia de Zamora, xa que os seus habitantes utilizan habitualmente o castelán e o galego.[2]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Do seu patrimonio destaca:[3]

  • A igrexa parroquial da Virxe do Carme está situada á saída da aldea. Trátase dun edificio sinxelo, cun pequeno pórtico de tres arcos e cuberta en curva feita en cemento. Neste templo, os espazos do adro son utilizados como cemiterio.
  • A ermida de Santa Ana atópase situada á entrada do lugar. De reducida dimensión, ten unha chamativa espadana con toques barrocos e pequeno vestíbulo aberto.
  • Hai varios muíños de auga, un deles localizado na praza da Mallada e que está datado no século XV. Existen outros dous encóntranse na "sobre aldea" e datados en época posterior, cara ao século XVIII.
  • Hai dous fornos de cocer pan, ambos os dous situados na praza da Mallada e na Porta da Rosalía. Estes foron datados nos séculos XV e XVIII, respectivamente.
  1. ↑ "Lubián na páxina web da Deputación de Zamora". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2013. Consultado o 07 de agosto de 2013.
  2. ↑ "Cultura de Lubián". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 07 de agosto de 2013.
  3. ↑ "Información xeral sobre Aciberos". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 07 de agosto de 2013.