Lubián posúe unha poboación moi avellentada, onde só o 4,14% da poboación ten 15 anos ou menos (SIE 2010).
Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.
Entre os seus edificios destacan as escaleiras exteriores e os típicos balcóns da arquitectura xabresa. Entre os seus monumentos destacan dende construcións relixiosas como a Igrexa de San Mamede de estilo barroco tardío ou o Santuario da Virxe da Tuíza, que conserva no seu interior a Virxe das Neves (patroa da Alta Seabra), ata un castro celta como o das Muradellas (século III a.C.), pasando por trampas para a caza de lobos como O Cortello dos Lobos.[2]
Esta vila é o última do Camiño Mozárabe-xabrés ao seu paso por Castela e León. Nesta poboación o peregrino atopa a primeira das máis dun cento de "pedras", todas diferentes, realizadas polo escultor ourensán Carballo e dispostas ao longo do trazado pola provincia de Ourense.